O soño do osiño rosa

Roberto Aliaga & Helga Bansch

ISBN: N/A Category

O osiño choraba desconsolado porque perdera o seu soño. A xirafa entón estirou o seu longo pescozo e buscou no ceo; o cabalo viaxeiro percorreu a terra e a ra mergullouse no fondo do río… Pero con ningunha das cousas que lle trouxeron, conseguiron que deixase de chorar… ¿Con que soña un osiño rosa?

 

 

INFORMACIÓN

Colección:

Páxinas: 40 págs.

Encadernación: cartoné

Medidas: 25x23 cm

Publicación: setembro 2025

O osiño choraba desconsolado porque perdera o seu soño. A xirafa entón estirou o seu longo pescozo e buscou no ceo; o cabalo viaxeiro percorreu a terra e a ra mergullouse no río… Pero con ningunha das cousas que lle trouxeron, conseguiron que deixase de chorar… Cal é o soño dun osiño rosa?

A xirafa leváralle unha bufanda; o cabalo, unhas ferraduras e a ra, unhas lentes de sol. Sen pretendelo, cada quen procurara o seu propio soño, e non o do osiño rosa. Só o moucho, animal asociado sempre á sabedoría, cae na conta do erro cometido e ponlle remedio.

Dunha maneira sinxela e efectiva, Roberto Aliaga preséntanos una historia coa que aprendemos que ser solidarios require poñerse no lugar dos outros e comprendelos. Cómpre algo máis que boas intencións para prestar axuda a alguén; o moucho sábeo e, antes de nada, pregúntalle ao osiño polo seu soño.

Helga Bansch, gran coñecedora do mundo da infancia, crea personaxes doces e entrañabeis, , cos que os lectores poderán identificarse. Alén diso, a ilustradora agocha en cada imaxe algún detalle, para que os máis pequenos se recreen e deixen voar a imaxinación.

Últimos produtos