Nous peignons… ¡avec des chocolats !

¿En que consiste?

É sabido que nas casas das meigas agóchanse os máis variados segredos. Nesta ocasión e despois de escoitar a historia de Hansel e Gretel ilustrada por Iratxe López de Munáin, observaremos as inquietantes figuras que a meiga garda na súa casa e que contiñan todo tipo de riquezas.

Crearemos as nosas propias figuras, seres estraños que agocharán os obxectos máis curiosos para… ¡pintalos con chocolate de cores!

Unha proposta para ver, ulir e degustar.