Coas mans na masa

¿En que consiste?

Un quilo de fariña, un puñado de sal, un chorro de pintura e un conto son os ingredientes necesarios para facer “Coas mans na masa”.

Usando como escusa o proceso de elaboración do pan, achegaremos ás nenas e aos nenos a mundos tan atractivos como a cociña, a arte e a narración oral.

A partir do álbum de María coñeceremos todos os segredos para preparar un bo pan. Pero nesta ocasión, a masa que prepararemos non será para ir ao forno, servirá para dar forma aos personaxes e crear novas escenas da historia.