Obradoiro de aparellos e máquinas fantásticas

¿En que consiste?

As máquinas e os inventos exercen un poder de fascinación capaz de atraer o interese dos máis pequenos. Se ademais damos a posibilidade de ter partes da maquinaria como pezas e engrenaxes combinadas con partes do corpo humano e recorrendo á estética que imperaba a finais do século XIX, pasaremos a ese momento de preocupación científica, cando escritores de gran capacidade imaxinativa como Jules Verne recrearon e inventaron os artefactos máis fabulosos. Presentando a posibilidade de crear todo un mundo de aparellos imaxinarios, trebellos curiosos que nos permiten dar saltos de xigante, gardar recordos ou viaxar entre as nubes, entre outros.