Este álbum conta, en verso, a historia da xirafa Oriana,
que se ve obrigada a emigrar e buscar traballo noutro país.
Este álbum conta, en verso, a historia da xirafa Oriana,
que se ve obrigada a emigrar e buscar traballo noutro país.
Lucía moitos colares,
podía cruzar os mares
e vixiaba de lonxe
o que había no horizonte.
O álbum constitúe unha ferramenta para que os primeiros lectores
poidan achegarse a realidades que descoñecen e empatizar
cos personaxes, entendendo as dificultades ás que se enfrontan
aquelas persoas que teñen que fuxir da súa terra e buscar un novo
fogar: un lugar seguro onde vivir en paz.
Ela tivo que emigrar
e atravesar todo o mar,
cargando a súa equipaxe
con esperanza e coraxe.
Chegou logo a outro país,
pensando alí ser feliz.
Nos momentos máis complicados, Oriana, ao pasar por unha
escola, escoita voces que lle preguntan e se preocupan por ela.
Serán precisamente os máis cativos os que lle tenden unha man
amiga, implícandose para procurar unha solución xusta.
Unha homenaxe tamén á literatura oral, esencial para gozar da
palabra, e aos narradores que viaxan, dun lugar a outro,
levando as súas historias como equipaxe.