Amencía no bosque.
Papá Marmota ergueuse e foi espertar á pequena Moti; pero na cama da súa filla só asomaban as orellas longas de Teo, o coelliño…
Amencía no bosque.
Papá Marmota ergueuse e foi espertar á pequena Moti; pero na cama da súa filla só asomaban as orellas longas de Teo, o coelliño…
Cando as familias do bosque se decatan de que as súas crianzas aparecen polas mañás noutros fogares, preocúpanse e saen ao bosque para investigar, en plena noite. Con grande asombro
descobren que algo moi estraño está a acontecer…
Estrutura narrativa atractiva e armada con altas doses de misterio e suspense que desemboca nun final inesperado, xogando coa sorpresa fronte ao perfil clásico do lobo, personaxe principal
da historia.
Subliminalmente Susanna Isern coloca o foco na importancia e o poder transformador da literatura, e incita ao lector a gozar dos contos e a narración como unha aventura.
A ilustración de Ayesha L. Rubio, chea de detalles e elegante execución técnica de ambientes e personaxes, ofrece unha riqueza cromática que engrandece o conxunto da narrativa e
fainos vivir en cada páxina as incógnitas da noite no bosque, a chamada dos grilos, a sombra misteriosa que avanza empurrando unha carreta e, en definitiva, o importante acontecemento
que ten lugar “na casa do lobo”.
“Algo pasa na casa do lobo” é o resultado do proxecto gañador do terceiro certame do Premio Internacional de Álbum Ilustrado Ciudad de Fuengirola, presentado pola autora
Susanna Isern, xunto coa ilustradora Ayesha L. Rubio.