Colección
Esgotado

A cociñeira do rei

Soledad Felloza & Sandra de la Prada

ISBN 978-84-9871-501-9

14,90

Este producto está agotado.

INFORMACIÓN
  • Paxinas 36 páxs.
  • Encadernación cartoné
  • Medidas 25x23 cm
  • Publicación junio 2014

O rei tiña unha pena como unha nube negra,

que non o deixaba pensar.

E, cando un non pensa, todo sae mal:


Descrición

O rei tiña unha pena como unha nube negra,

que non o deixaba pensar.

E, cando un non pensa, todo sae mal:

as estradas tórcense, as pontes caen,

os barcos perden as mercadorías…

Os secretarios chegaban a palacio,

un día si e outro tamén,

coas carteiras cheas de problemas;

pero, da cabeza do rei,

non saía nada de nada.

 

A un rei apesarado os problemas chóvenlle por todas partes. Logo de observalo con atención, unha comisión de sabios resolve que lle convén cambiar de hábitos: pasear, facer exercicio pero, ante todo, cambiar de dieta. A falta dun bo chef, optan por convocar o posto e cubrir a vacante.

Coas súas mellores receitas, preséntanse en palacio cociñeiros de todos os lugares. E tamén Mencía, unha cociñeira decidida que, malia ter visto que no bando poñía claramente que buscaban un cociñeirO, non se acovarda e, botando man do recetario da súa avóa, que contén un segredo moi particular, elabora un menú que chega directo ao corazón do rei. Cal pode ser o segredo?, pregúntanse todos…

 

O ben feito sempre é de proveito, pero se ademais, é aderezado con ilusión, agarimo e alegría, difícilmente pode saír mal.

Este é un dos segredos de Mencía e a mensaxe optimista que nos transmite esta historia, creada por Soledad Felloza. A contadora uruguaia, afincada en Galicia, foi a gañadora do Premio de Narración Oral COCIÑA DE CONTOS, no que participaron contadores de España, Portugal e Polonia.

A cociñeira do rei mergúllanos nun mundo de cores, sabores e olores característicos da cociña tradicional, a que
se fai a lume manso, con amor e produtos frescos, da terra. Pero, da man de Mencía, descubrimos tamén o valor
da pequenas cousas, do cotiá, xa que ela é capaz de elaborar manxares exquisitos baseados na sinxeleza dos
seus ingredientes. Tamén fala dos afectos, de deixar una pegada de nós naquelo facemos. Así, Mencía non pon
só o coñecemento da receita, senón tamén o mimo, o coidado, o seu corazón.

Sandra da Prada intentou coa imaxe plasmar todo un mundo de sabores e aromas, ofrecendo unha proposta plástica chea de frescura e de cor. A través dunhas imaxes limpas e luminosas podemos seguir as andanzas desta pequena roxa que logra converterse, en contra todo pronóstico, en cociñeira do rei.

A ilustradora catalá reforza o caracter desenfadado da moza coa cor da roupa: “Mencía leva un vestido fucsia porque é unha cor moi alegre e á vez moi gorentosa. A mestura deste co cabelo roxo e a súa pequena estatura pareceume que a facían máis rebuldeira e decidida, que é como a vía. As formas redondeadas do vestido axudáronme a darlle dinamismo e movemento.”

Para enfatizar o ton humorístico do conto, acompañan a Mencía dous gatos que, en palabras da ilustradora, “aínda que non saen no texto, conseguen facerse case tan protagonistas como ela: axúdana, fan trasnadas, participan da historia…”.

Tanto na narración escrita como na proposta plástica, a natureza cobra un protagonismo especial: vasos con flores, plantas aromáticas… Dase a entender, pois, a importancia da natureza como fonte de inspiración de moitas receitas tradicionais.

Unha historia que desborda optimismo polos catro costados e que nos ensina a valorar a cociña, non só como base da nosa cultura, senon como parte da nosa vida e das nosas emocións.

Texto de Soledad Felloza

Ilustracións de Sandra de la Prada

Traducción do castelán Eva Mejuto