Tres desexos

Eva Mejuto & Gabriel Pacheco

ISBN: 978-84-96788-63-3

Soñar en noites de lúa, trae fortuna. Podedes pedir tres desexos, dicía o misterioso papel que se coou pola cheminea, cando os velliños estaban a asar un anaco de pan. Dentaduras de ouro, traxes elegantes, un palacio de diamantes… Que difícil escoller…! Entón a velliña cavilou que cun chourizo metido no pan, pensaría mellor. E, de repente… zas!, velaí un chourizo. Acababa de malgastar o seu primeiro desexo!

 

14,90

Este producto está agotado.

INFORMACIÓN

Páginas: 36 páxs.

Encuadernación: cartoné

Medidas: 25x23 cm

Publicación: xuño 2007

Soñar en noites de lúa, trae fortuna. Podedes pedir tres desexos, dicía o misterioso papel que se coou pola cheminea, cando os velliños estaban a asar un anaco de pan. Dentaduras de ouro, traxes elegantes, un palacio de diamantes… Que difícil escoller…! Entón a velliña cavilou que cun chourizo metido no pan, pensaría mellor. E, de repente… zas!, velaí un chourizo. Acababa de malgastar o seu primeiro desexo!

 

Cantos soños caben en tres desexos? Este conto, adaptado da tradición oral portuguesa, fálanos do poder dos soños, da sorte que aparece e desaparece, caprichosa diante de nós, e de que mentres teñamos afecto e soños por cumprir, seremos felices.

 

Son moitas as variantes que esta historia presenta segundo o país; en Inglaterra, no canto dun chourizo, o elemento que se lles aparece aos anciáns e acaba por substituír as riquezas soñadas é un pudin de chocolate. Tamén existe unha variante portorriqueña que nos presenta unha avoa, que tras desbaldir un desexo, ve como o seu marido pide que lle saian orellas de burro.

 

Gabriel Pacheco colabora cunhas ilustracións de gran poder evocador. De principio a fin, xoga cos recursos escénicos e introduce elementos que aumentan a carga simbólica do texto: como o xogo da lúa, que co seu nobelo tece e destece a fortuna dos protagonistas, as chaves, as pechaduras… Relevante é tamén a escolla das cores, recurso chave, en relación coas emocións e co momento —real ou desexado— representado.

 

Textos de Eva Mejuto, a partir dun conto tradicional portugués

Ilustracións de Gabriel Pacheco

Últimos productos