Sígueme! (unha historia de amor que non ten nada de raro)

José Campanari & Roger Olmos

ISBN: 978-84-9871-675-7, 978-84-96788-05-3, 978-84-96788-04-6, 978-84-96788-60-2, 978-84-96788-23-7, 978-84-9871-677-1

Un elefante gris con manchas roxas, que vive nunha selva, namórase dunha formiga negra con cintura de avispa. O seu amor é correspondido, pero para estar xuntos lles queda moito por percorrer. A formiga invita ao elefante a que a siga e o elefante non o pensa dúas veces. Nin lento nin preguiceiro, o elefante percorre un camiño bordeado de árbores, vai ao fondo dunha caixa de costura, nada dentro dunha botella de auga… Despois dun longo paseo, o elefante e a formiga atópanse e gozan do seu amor.

14,0014,90

ISBN: N/A Category
INFORMACIÓN

Colección:

Páxinas: 48 págs.

Encadernación: cartoné

Medidas: 25x23 cm

Publicación: septiembre 2022

Un elefante gris con lunares morados que vive nunha selva, namora dunha formiga negra con cintura de avespa. O seu amor é correspondido, pero, para chegar a estar xuntos teñen moito camiño que percorreren. A formiga convida o elefante a seguila e o elefante non o pensa dúas veces. Nin lento nin preguizoso, o elefante percorre un camiño bordeado de árbores, métese ata o fondo dunha cesta de costura, nada dentro dunha botella de auga… Despois de moito andar, elefante e formiga atópanse e gozan do seu amor, un amor con cintura de avespa e lunares morados… que non ten nada de raro!.

José Campanari, tras moitos anos nas artes escénicas e a narración oral, e no seu primeiro álbum ilustrado, presenta unha historia divertida e delirante, cun personaxe entrañable que é quen de percorrer calquera camiño, por difícil que pareza, na procura do amor verdadeiro. En realidade, estamos diante dunha historia de amor sen prexuízos, que supera calquera barreira ou diferenza (tamaño, cor, cultura…). Roger Olmos, no traballo de ilustración, aproveita o ton surrealista da historia para crear espazos imposibles, cheos de humor e tenrura, enriquecendo a lectura con detalles no trazo dos distintos escenarios. Nas imaxes, os pequenos lectores atoparán notas de humor que estimularán a súa curiosidade e imaxinación.

 

Texto de José Campanari

Ilustracións de Roger Olmos Tradución do castelán de Marisa Núñez

Últimos produtos