Un elefante gris con lunares morados, que vive nunha selva, namora dunha formiga negra con cintura de avespa. O seu amor é correspondido, pero para chegar a estar xuntos teñen moito camiño que percorreren. A formiga convida o elefante a seguila e o elefante non o pensa dúas veces.
14,90€
Un elefante gris con lunares morados que vive nunha selva, namora dunha formiga negra
con cintura de avespa. O seu amor é correspondido, pero, para chegar a estar xuntos teñen
moito camiño que percorreren. A formiga convida o elefante a seguila e o elefante non
o pensa dúas veces. Nin lento nin preguizoso, o elefante percorre un camiño bordeado de
árbores, métese ata o fondo dunha cesta de costura, nada dentro dunha botella de auga…
Despois de moito andar, elefante e formiga atópanse e gozan do seu amor, un amor con
cintura de avespa e lunares morados… que non ten nada de raro!.
José Campanari, tras moitos anos nas artes escénicas e a narración oral, e no seu primeiro
álbum ilustrado, presenta unha historia divertida e delirante, cun personaxe entrañable que é
quen de percorrer calquera camiño, por difícil que pareza, na procura do amor verdadeiro. En
realidade, estamos diante dunha historia de amor sen prexuízos, que supera calquera barreira
ou diferenza (tamaño, cor, cultura…).
Roger Olmos, no traballo de ilustración, aproveita o ton surrealista da historia para crear espazos
imposibles, cheos de humor e tenrura, enriquecendo a lectura con detalles no trazo dos distintos
escenarios. Nas imaxes, os pequenos lectores atoparán notas de humor que estimularán a
súa curiosidade e imaxinación.
Texto de José Campanari
Ilustracións de Roger Olmos
Traducción do castelán de Marisa Núñez