Grazas ao talismán construído polo sabio astrólogo, o rei Aben Habuz puido afastar para sempre o inimigo; pero un día apareceu no seu reino unha fermosa moza…
14,00€
Grazas ao talismán construído polo sabio astrólogo, o rei Aben Habuz puido afastar para sempre o inimigo; pero un día apareceu no seu reino unha fermosa moza…
Prototipo de historiador romántico, cosmopolita e viaxeiro infatigable, o norteamericano Washington Irving (1783-1859) encarna a personalidade inqueda e polifacética do home do século XIX. Levado polos seus intereses a Europa, e despois de residir durante un tempo en Inglaterra e Francia, Irving chegaría a España, como agregado da embaixada, en 1826.
O éxito dos seus libros, de corte romántico, sobre Cristóbal Colón e a conquista do reino nazarí permitiulle instalarse en Granada. Froito desa experiencia son os Contos da Alhambra, volume publicado inicialmente en Londres en 1832, e ampliado e revisado na posterior edición neoiorquina. A obra combina tradicións mouras e cristiás, a través dunha serie de contos que recrean o pasado, pero que tamén reflicten o presente desde o que escribía o autor. Nesta edición, OQO recupera un dos Contos da Alhambra. Obra na que Irving combina o seu talento de creador literario con elementos tomados de lendas e contos que circulaban na época, e deixa ver o seu lado máis romántico.
Pola súa parte, a artista galega Paula Aneiros propón unha lectura plástica innovadora. E fronte a unha narración con forza e contido explicativo, opta por captar momentos, instantes da obra e filtralos cunha óptica abstracta.
A ilustradora revisita este clásico da literatura do século XIX e enriquéceo, polo que o lector mozo tamén ten aquí, unha atractiva proposta canto á lectura de imaxes.
Texto de Washington Irving, en versión galega de Paco Liván
Ilustracións de Paula Aneiros