E que podo facer eu?

José Campanari & Jesús Cisneros

ISBN: N/A Category

O señor X le as noticias do xornal, e o corpo éncheselle de preocupacións. A cada momento pregúntase: E que podo facer eu? Un día atopa unha resposta; outro día, outra; e outra máis…

 

 

INFORMACIÓN

Colección:

Páxinas: 40 págs.

Encadernación: cartoné

Medidas: 25x23 cm

Publicación: Abril 2025

O señor X le as noticias do xornal, e o corpo éncheselle de preocupacións. A cada momento pregúntase: E que podo facer eu?. Un día atopa unha resposta; outro día, outra; e outra máis…

Cómpre espertar, xa na infancia, a conciencia de que a vida non resulta doada para todos; revelar, desde os primeiros anos, os matices da realidade máis próxima, sen necesidade de padecer ou visualizar esas situacións dramáticas, pero tomando conciencia, aos poucos, da desigualdade e as inxustizas sociais.

Con esta lectura, os máis pequenos comprenderán que paga a pena ser activos e implicarse na loita por valores como a igualdade, a solidariedade e a xustiza social.

Este álbum lémbranos que hai que ver máis aló de nós mesmos, e esforzarse por axudar a quen o precisa. Son moitas as cousas que, case sen darnos conta, podemos facer. Abonda con abrir os ollos e aprender a mirar o mundo que nos rodea, para espertar a empatía e aprender a poñernos no lugar doutro.

A lectura e a comprensión deste álbum anímanos a que manteñamos unha actitude xenerosa que contribuirá ao crecemento persoal e a unha vida máis satisfactoria.

En resumo: un raio de esperanza para comezar a mudar o planeta e que nos enfrontemos aos problemas do noso tempo.

Jesús Cisneros combina acuarela, tinta e lapis co traballo dixital, nunhas ilustracións onde a cor e a composición representan un importante papel: espazos baleiros que se enchen a medida que avanza a acción, amosándonos, no plano da imaxe, a evolución persoal do protagonista.

 

 

Texto de José Campanari

Ilustracións de Jesús Cisneros

Últimos produtos