O señor Manolo ergueuse como todos os días; lavou a cara, vestiuse… e ao saír á rúa… caeulle unha princesa na cabeza! E é que hai días en que as leis da natureza non funcionan: hai días en que o amor cae do ceo.

Con lirismo, ironía e normalidade absoluta, alén dun gran sentido do humor, revisa Raquel Saiz o tópico da princesa dos contos tradicionais que coñece a un príncipe e namora del para toda a vida. A autora aproveita así, un lugar común para facernos reflexionar acerca dos valores e sentimentos humanos e descubrirnos o valor da convivencia entre diferentes, aínda que no fondo non tan distintos.
A ilustradora croata Maja Celija, que se achega por primeira vez ao público galego, preséntanos un estilo expresionista e contundente, cun evidente sentido do humor. Asemade, as ilustracións de gran forza expresiva reflicten e enriquecen o carácter irónico e humorístico do texto de Raquel Saiz.
Texto de Raquel Saiz Ilustracións de Maja Celija