Buscando o Norte

Paula Carbonell & Cecilia Afonso Esteves

ISBN: 978-84-9871-060-1

O vagalume xoga a ser estrela fugaz, a limacha pide un desexo… e entón comeza a viaxe cara ao país dos pexegueiros, detrás da estrela polar e na compaña das distintas fases da lúa.

 

14,90

INFORMACIÓN

Páginas: 40 páxs.

Encuadernación: cartoné

Medidas: 25x23 cm

Publicación: agosto 2008

O vagalume xoga a ser estrela fugaz, a limacha pide un desexo… e entón comeza a viaxe cara ao país dos pexegueiros, detrás da estrela polar e na compaña das distintas fases da lúa.

 

Un desexo convértese nunha viaxe, a viaxe convértese nun encontro, e após do encontro comeza o camiño ao Norte, o lugar onde se piden os desexos. A viaxe, e non o destino final é o que fará que os protagonistas desta historia se enriquezan, maduren e descubran novos mundos, dentro e fóra deles mesmos. Un conto para vermos a través dos ollos máis pequenos, sobre a herba, entre as pingas de orballo.

 

Cecilia Afonso crea fermosas ilustracións mediante a técnica da colaxe, e emprega papeis e fíos que combina con lapis e témpera. Por medio de figuras sinxelas e limpas, a ilustradora arxentina desprega unha particular linguaxe simbólica, abstracta por veces, e cunha gran carga poética. O lector ten que procurar e atopará, porque as sorpresas se agochan en calquera lugar. As numerosas chiscadelas, pistas, chamadas de atención… que se achan na súa proposta, ademais de acompañar o texto, constitúen unha historia dentro da historia, e convídannos a buscar, cos protagonistas, a lúa nova.

 

Texto de Paula Carbonell

Ilustracións de Cecilia Afonso Esteves

 

Tradución do castelán de Sara Monda

Últimos productos