Colección O
Esgotado

A min non me comas!

Margarita del Mazo & Vitali Konstantinov

ISBN 978-84-9871-323-7

14,90

Este producto está agotado.

INFORMACIÓN
  • Paxinas 36 páxs.
  • Encadernación cartoné
  • Medidas 25x23 cm
  • Publicación xuño 2011

Era unha noite sen lúa…

O reloxo daba a UNHA… DONG!

De pronto, Mateo espertou asustado. Escoitara un ruído detrás da porta, onde estaban colgados os abrigos. Mirou cara a alí, pero só viu unha sombra… Abriu moito os ollos, sen pestanexar, e a sombra transformouse nun… MONSTRO!

 


Descrición

Era unha noite sen lúa…

O reloxo daba a UNHA… DONG!

De pronto, Mateo espertou asustado. Escoitara un ruído detrás da porta, onde estaban colgados os abrigos. Mirou cara a alí, pero só viu unha sombra… Abriu moito os ollos, sen pestanexar, e a sombra transformouse nun… MONSTRO!

 

En A min non me comas!, Margarita del Mazo inspirouse nas súas propias vivencias, concretamente no desacougo que lle producía a escuridade cando era pequena. Neste álbum, os nenos amedrentados por este ou outros temores poderán comprobar, aliviados, que non son os únicos para quen as sombras se converten en famentos monstros, tal e como lle sucede ao protagonista.

 

“Foi sinxelo escribir esta historia. Só tiven que recordarme escondida baixo as sabas, chamando pola miña nai, heroica espantadora de monstros e doce gardiá dos meus soños”, admite con cariño a tamén autora dos textos de Mosquito e A máscara do león.

 

Os medos infantís forman parte da evolución e, consecuentemente, adoitan desaparecer a medida que os nenos medran. Nesta superación xogan un papel importante os contos protagonizados por monstros, bruxas ou seres terribles.

 

Deste xeito, os temores toman forma e personalízanse, o que axuda a vencelos. En todo caso, nesta vitoria, os pais sempre teñen unha función relevante.

 

Mateo só se atreve a confesarlle a súa nai o que lle ocorre, xa que, ata o momento, recorreu a artimañas e convenceu con elas o seu can, o seu irmán e a súa tía para que durmisen con el. Un recurso habitual entre os pequenos, ante o temor a sentirse ridiculizados.

 

—Teño medo, mamá. Detrás da porta hai un monstro vermello que me quere comer.

—Acouga, Mateo. Quedarei contigo, pero os monstros non existen.

 

Tanto a protección excesiva como facer que os fillos se sintan covardes son actitudes que poden enquistar o problema e acentuar o medo. A nai de Mateo no se burla del: dálle confianza e comprensión. Así, finalmente, atreverase a encarar o monstro terrible e vermello, do que lograra liberarse durante toda a noite, ofrecéndolle astutamente a todos os seus acompañantes para evitar que o comeran.

 

Margarita del Mazo crea un personaxe descarado e astuto, que xera no lector simpatía e complicidade, que se transformará en tenrura e admiración ante a mostra final de valentía.

 

Non che teño medo, e non es terrible… Non che teño medo, e non es terrible… Es un… porcallón! Devólveme agora mesmo a toda a miña familia… E non te esquezas do meu osiño!

 

Vitali Konstantinov deulle forma, a través da imaxe, á angustia do protagonista. Para iso, tivo en conta tres premisas básicas: manter o ritmo da narración; respectar a abstracción do texto no referente ao espazo, para no limitar a imaxinación do lector, e contribuír desde a imaxe a crear un álbum de “medo”.

 

As ilustracións están realizadas con lapis de grafito e lapis de cores claras (branco, marfil e crema) sobre papel vermello. “Gústame porque constitúe un medio de debuxo espontáneo e inmediato”, afirma este artista ucraíno, residente en Alemaña. “Esta técnica tradicional —lémbranos Vitali K.— foi empregada, entre outros, por Durero e Leonardo Da Vinci”.

 

Tras varias probas e experimentos técnicos, o ilustrador decidiu utilizar a cor do monstro como fondo para todo o libro. Con esta elección, salienta a súa aposta por crear un álbum de medo; pero, aínda que o vermello se asocia ao perigo, tamén simboliza paixón, enerxía, fortaleza …. E nada disto lle falta a Mateo para lograr vencer o monstro!

 

 

Texto de Margarita del Mazo

Ilustracións de Vitali Konstantinov

 

Tradución do castelán de Laura Rubio