Tam, Tim e Tom…
que desastrados son!
O pequeno erguíase cedo e pasaba as mañás traballando no bosque;
o mediano erguíase máis tarde e só coidaba da horta e das galiñas;
o maior durmía ata que o corpo llo pedía e só se erguía para acender o lume e xogar…
14,90€
Tam, Tim e Tom…
que desastrados son!
O pequeno erguíase cedo e pasaba as mañás traballando no bosque;
o mediano erguíase máis tarde e só coidaba da horta e das galiñas;
o maior durmía ata que o corpo llo pedía e só se erguía para acender o lume e xogar…
A aparición do animal (un corvo) será decisiva para resolver unha situación tan incoherente,
para que as augas volvan ao seu sitio, as actividades se organicen de forma razoable,
e aínda quede tempo para o descanso e o lecer.
Un conto dos irmáns Grimm, que revela a importancia da aprendizaxe para a vida,
redescubrendo o valor de compartir e colaborar nunha tarefa para un fin común,
sexa na familia, na escola ou en calquera ámbito social.
O conto, que aborda un problema típico de calquera sociedade en calquera tempo e lugar,
presenta ese proceso de maduración persoal que o lector debe comprender e afrontar.
O nivel de lingua é sinxelo, con períodos curtos e vocabulario comprensible,
narrador en terceira persoa e desenvolvemento lineal do argumento centrado nos valores.
A adaptación é de Roberto Mezquita, un “apaixonado pola palabra que convoca emocións e sorrisos”,
cunha longa experiencia no mundo da narración oral e os contos…
que en OQO tamén publicou “O galo Traganoces” e “A vella na botella”.
As imaxes son de Paolo Domeniconi, tamén experimentado ilustrador italiano,
autor de imaxes plenas de colorido, personaxes atractivos (os seus ollos son especialmente rechamantes),
formas suaves e definidas, que chegan directamente ao lector. En OQO, Paolo tamén publicou “Tonino”.