Ranilda

Mar Pavón & Chloé Rémiat

ISBN: 978-84-9871-249-0, 978-84-9871-248-3

—Señora, se me dese un bico no papo, converteríame nun home guapo.

 

Frente al culto a la belleza que impera en la sociedad actual, Mar Pavón reivindica en esta deliciosa fábula otros valores como la autoestima y la amistad, y lo hace además con un gran sentido del humor.

14,90

ISBN: N/A Category
INFORMACIÓN

Colección:

Páxinas: 40 págs.

Encadernación: cartoné

Medidas: 25x23 cm

Publicación: abril 2010

—Señora, se me dese un bico no papo, converteríame nun home guapo.

 

Fronte ao culto á beleza que impera na sociedade actual, Mar Pavón reivindica nesta deliciosa fábula outros valores como a autoestima e a amizade, e faino ademais cun gran sentido do humor. Ranilda, a protagonista deste divertido álbum, é unha ra moi feita, aínda que ela non o sabe. Todos os días se mira na auga, e como non lle gusta o seu aspecto, sempre está triste. Unha tarde o seu veciño o sapoconcho, que é moi túzaro, decide gastarlle unha broma e convence a ranciña de que en realidade é un príncipe encantado. Mais só poderá recobrar a súa verdadeira aparencia se unha muller a bica. Ranilda marcha na procura do bico, pero todas as mulleres que vai atopando polo camiño son unhas rabudas. Xa lles pode rogar e rogar, que ningunha está disposta a bicar unha ra. Os encontros da nosa protagonista con estas mulleres tan rachadas darán lugar a unha morea de situacións delirantes e cómicas. E a isto, aínda hai que sumar os diálogos pícaros e graciosos dos personaxes, concibidos para provocar o sorriso dos máis pequenos.

 

Desta volta, a encargada das ilustracións do novo álbum da Colección O de OQO editora é Chloé Rémiat. Nos seus traballos, a artista francesa combina a súa faceta como ilustradora con outra das súas grandes paixóns: a escultura. Nesta ocasión esculpiu en papel algúns dos personaxes do álbum (as diferentes mulleres, Ranilda…) que despois integrou en fondos de pintura. Na realidade estas figuras constitúen o centro da ilustración e a autora recorre moitas veces aos primeiros planos para destacalas aínda máis. Xunto aos protagonistas, outros personaxes aparecen de fondo: insectos, herbiñas, peixes minúsculos e flores. A súa presenza é constante ao longo das páxinas, porque tamén eles habitan na poza de Ranilda. E son estes detalles, en principio insignificantes, os que mellor reforzan o aspecto real da ambientación e reflicten toda a explosión de vida que se oculta neste pequeno universo.

 

Texto de Mar Pavón

Ilustracións de Chloé Rémiat

Últimos produtos