A ratiña sae da casa, apurada, a mercar comida e choca con alguén, no tumulto do mercado. De súpeto decátase de que lle roubaron a carteira e vai correndo a perseguir o culpable.
A partir deste intre comeza unha disparatada historia na que as cousas non son mesmo o que semellan ser.

A descon anza é un sentimento de dúbida que xera pensamentos negativos e fainos ver persoas deshonestas ao noso ao redor.
Con frecuencia, na infancia escóitanse mensaxes de intolerancia, opinións ou críticas que fan sentir confundidos aos cativos ou mudan o seu sentido da realidade; tamén as présas ou o xeito de vida pode facer xerar descon anza.
Aprender a con ar é indispensable para ter unha mente sa e relacións satisfactorias. Xulgar desde os feitos, atender ao que outras persoas teñen que dicir e observar a realidade sen estar á defensiva, é clave para un bo desenvolvemento.
Pero este conto tamén nos ensina que o erro pode ser unha ferramenta que pode modi car unha actitude; unha oportunidade motivadora para aprender e provocar gratitude.
A ilustradora, Graziella Troncatti, á marxe de respectar a intención da autora do texto, desenvolve e enriquece a historia desde as imaxes, estimulando así a sensibilidade visual dos lectores para ampliar o signi cado do relato.