Colección

Pulga e Xigante

Serenella Quarello & Maurizio A. C. Quarello

ISBN 978-84-9871-147-9

14,90

Cantidade:
INFORMACIÓN
  • Paxinas 48 páxs.
  • Encadernación cartoné
  • Medidas 25x23 cm
  • Publicación abril 2009

Cansada de facer todos os días o mesmo, Pulga decide coñecer mundo. Na súa viaxe cruzará desertos, bosques, montañas, chairas inmensas… fuxirá de perigos terribles e vivirá aventuras emocionantes.

Ese mesmo día, e á mesma hora, o Xigante que estaba tan tranquilo, de súpeto, comeza a sentir un proído nos pés, logo nas pernas, nas costas… Entón, á súa nai parécelle ver… unha pulga?

Descrición

Pulga fai uso da imaxinación e a fantasía para recrear un mundo de aventuras coas que divertirse e fuxir do aburrimento. A primeira incursión na literatura infantil de Serenella Quarello, e xunto ao seu irmán, preséntanos unha viaxe contada desde dous puntos de vista completamente distintos. Desta maneira, e grazas ao afastamento, o uso de planos pouco habituais, ou o cambio de enfoque nas imaxes, descubriremos que as cousas non son sempre o que parecen.

O álbum contén ilustracións que aseguran unha lectura expresiva e rica en matices. A relación texto-imaxe presenta certo equilibrio ao longo do libro, ata que nun momento do discurso se produce unha transformación radical en favor das imaxes, e o texto pasa a ser entón, o perfecto complemento dunha lectura preferentemente visual.

Maurizio A. C. Quarello ofrécenos unha nova demostración do seu dominio da técnica cinematográfica, da que tanto bebe, para contar en imaxes unha historia con encadramentos e primeiros planos moi espectaculares. O obxectivo é incitar o lector a que aventure hipóteses que, máis tarde, o texto literario aclarará convenientemente. Ademais do divertimento, o carácter lúdico desta obra favorece a comprensión de relacións espazo-temporais, e que nos decatemos de que pode haber varias miradas e interpretacións dunha mesma realidade.

Texto de Serenella Quarello

Ilustracións de Maurizio A. C. Quarello

Tradución do castelán de Laura Rubio