A filla do carboeiro era coñecida pola súa intelixencia. O príncipe, atraído polo seu enxeño, rétaa a un xogo intelectual que acabará por marcar o destino das súas vidas…
16,00€
A filla do carboeiro era coñecida pola súa intelixencia. O príncipe, atraído polo seu enxeño, rétaa a un xogo intelectual que acabará por marcar o destino das súas vidas…
Reconstruído a partir dunha versión oral do Magreb, este conto, de carácter híbrido, coñeceu unha extraordinaria difusión lingüística e cultural; con variantes en puntos tan distantes un doutro como Finlandia, lugar de procedencia de Ovos duros, ou Rusia, onde Afanasiev localiza un versión da historia titulada A moza lista.
A chave do conto radica no reto intelectual, no xogo de preguntas e respostas, na capacidade de desenvolver con enxeño e astucia as tarefas imposibles, ata espertar a sensibilidade e abrandar o corazón dun ser inxusto e caprichoso.
As situacións, as adiviñas… impostas polo rei ou polo tsar, varían dun país a outro, aínda que polo xeral, todas as versións coinciden no triunfo final da sabedoría e a reconciliación. Como xa dixemos, a base deste conto é unha versión oral magrebí, porén, como o amor é un dos temas esenciais da literatura oral destas tribos nómades, os pobos de Kabylia levan transmitindo de xeración en xeración a historia da filla do carboeiro desde hai séculos.
Canto á ilustradora portuguesa Teresa Lima, Ovos duros supuxo a súa presentación por primeira vez no mercado español, cun traballo minucioso, de trazo delicado e gran sensibilidade.
Ao mesmo tempo, este libro obtivo en 2008 unha Mención WHITE RAVEN (Internationale Jugend Bibliotek de Munich) entre os álbums máis fermosos.
Texto de Marisa Núñez, a partir dun conto tradicional
Ilustracións de Teresa Lima