«Quen se atreve a esnaquizar a miña casa e a me espertar do meu sono?», berrou o xigante cheo de carraxe polo buraco da árbore, despois de recibir un golpe da machada que lle caera ao leñador. E, polo seu descoido, o leñador tivo que levarlle a máis vella das súas fillas…
Un conto arrepiante, tomado da tradición popular castelá, que traslada o lector a un mundo misterioso e desconcertante.
14,00€
Este producto está agotado.

O malvado xigante seduce coa súa fortuna as tres fillas do leñador, mais todo é un engano que as conduce a un destino fatal. Pero, a astucia da máis pequena fará que volvan á vida. Neste caso, a morte afróntase como unha especie de viaxe iniciática, unha experiencia após a que as cativan renacen máis sabias e triunfantes sobre o mal. A pesar da aparente crueldade da historia, os lectores entenderán de maneira intuitiva o seu carácter simbólico. Perante os seus ollos, aparece un complicado labirinto de cuartos e corredores subterráneos, que fascina tanto pola palabra como pola imaxe.
As ilustracións funcionan cun ritmo perfecto e confiren unha singular forza ao escenario misterioso. Itziar Ezquieta, unha das máis prometedoras artistas galegas, traslada ao nivel plástico un mundo desacougante de espazos enigmáticos, que transportan o lector a un universo descoñecido, atraente e perigoso á vez. O tema do cuarto prohibido aparece en boa parte da tradición europea con distintos esquemas narrativos, porén, a adaptación de Itziar Ezquieta, áchase máis próxima das antigas variantes de Castela. Asemade, esta versión coincide nalgúns aspectos co Barbazul de Perrault ou con Il nasso d’argento, recompilado por Italo Calvino.
Conto popular castelán adaptado e ilustrado por Itziar Ezquieta