Percorrer o mundo contando e cantado bossa nova cunha hipopótama presumida e sirtaki cuns velliños cun día se queren moito e outro non paran de discutir. Mentres, o tango permite bailar ben pretiño a un elefante gris con lunares morados e unha formiga negra con cintura de avespa. En total, unha ristra de melodías para trece contos que conforman a escolma realizada entre os relatos publicados por OQO Editora de distintas culturas do planeta, nas que é imposible non afondar guiados pola rica e saltarina voz de Amudena Janeiro
20,00€
Este producto está agotado.
Este libro-CD-DVD é un diálogo a tres bandas entre as artes plásticas, música e a literatura, partindo dunha selección de contos de distintas culturas, tanto de creación como tradicionais, e a través de diferentes estilos musicais como a popular portuguesa, bossa nova (Brasil), sirtaki (Grecia), tango (Arxentina), rock & roll, soul, gospel ou cantos africanos. Deste xeito, créase por primeira vez un fondo musical galego que pretende achegar aos máis pequenos a outras culturas a través da nosa, valorando e compartindo un patrimonio musical diverso como fonte de enriquecemento e gozo.
Ademais do CD e o soporte libro (con imaxes dos contos de orixe e as letras das cancións), música, literatura e artes plásticas relaciónanse nun material visual e sonoro (Karaoke) que abre un campo de traballo a nivel lingüístico musical e emocional.
Os 13 temas que presenta o CD ofrecen amplas posibilidades para facer xogos, dramatizacións ou danzas simples para nenos con idades de Infantil e Primaria. As cancións están interpretadas pola voz solista de Almudena Janeiro, acompañada por guitarras, percusión, frauta, tambores, congas e outros instrumentos máis accesíbeis como cascabeis, claves, pao de choiva, chocas… axustándose no ritmo á procedencia das historias. Os distintos graos de dificultade favorecen a atención a discriminación auditiva e a memoria en diferentes idades.