LIBRO + ÁLBUM ILUSTRADO DIXITAL
Este libro propón a lectura en soporte papel e en pantallas dixitais. Editado para soporte papel con estrutura de Álbum Ilustrado, e editado para pantallas dixitais con estrutura de Álbum Ilustrado Dixital, ofrece ao lector a posibilidade de contrastar e comprender a lectura en cada un dos dous soportes. Comprender que os medios tecnolóxicos se poden usar para facer un exercicio de lectura que reporta historias ricas en valores, é de especial importancia para que o lector asuma que non se pode establecer unha dicotomía entre o soporte físico e o soporte dixital.

Editado como Álbum Ilustrado en soporte papel, en 36 páxinas, e editado como Álbum Ilustrado Dixital para pantallas (tabletas, teléfonos, computadores), en 80 páxinas ou pantallas, narra a mesma historia co mesmo número de palabras, adecuado para a idade do lector para o que está dirixido.
Recensión do libro reducida
Cunha linguaxe sinxela e aproveitando ao máximo as palabras, atopámonos ante unha divertida historia sobre tres personaxes, que consegue transmitir emoción aos máis pequenos e chegar a todos os sentidos do lector.
Cocorico é unha adaptación libre dunha historia tradicional birmana que trata sobre a necesidade de escoitar bos consellos, o importante que é cumprir as promesas e a dificultade de aprender a compartir.
O poliño provoca a furia do Gato Furia ao non deixarlle ningún petisco, pero a comprensiva Nai Galiña protexerá ao seu pequeno, axudándoo a saír desa mala situación e dándolle outra oportunidade de aprender a lección.
Intercalando algún collage e certas texturas materiais, con debuxo fino e delicado, Helga Bansch consegue captar a tenrura da historia e metela nos petos dos máis pequenos.