Celestino vive nun alpendre ao pé do río, fai castelos de xeo, abraza as árbores e dorme baixo as estrelas. A súa única compañía é Rosamunda, pequena como unha libélula e case transparente. Pero un día Celestino está de mal humor e Rosamunda desaparece…
14,00€
Celestino vive nun alpendre ao pé do río, fai castelos de xeo, abraza as árbores e dorme baixo as estrelas. A súa única compañía é Rosamunda, pequena como unha libélula e case transparente. Pero un día Celestino está de mal humor e Rosamunda desaparece… Esta historia preséntanos a realidade desde unha perspectiva fantástica, e a través dos ollos dun home incomprendido e solitario.
A fantasía do protagonista bate con observadores implacables aos que, pese ás súa boas palabras, tanto lles ten o que lles pase aos máis débiles. Pero no fondo, os personaxes do conto non son máis que o espello dunha sociedade hostil, que rexeita todo aquilo que é diferente.
Esta historia tamén fala da bondade, da amizade e dos soños. Dunha maneira sinxela e cordial, evoca a mirada limpa dos nenos, que tantas veces é manipulada polos adultos sen ningunha xustificación.
Celestino Tarambainas non se esgota na primeira lectura. É un relato que busca provocar preguntas, e tamén unha historia que nos axuda a comprender a necesidade de tenrura e consolo das persoas diferentes a nós.
As ilustracións sempre suxestivas de Mariona Cabassa resultan cálidas e frescas, ao tempo que complementan á perfección o ton poético do libro.
TERCEIRO PREMIO LIBRO INFANTIL E XUVENIL MELLOR EDITADO 2006, outorgado polo Ministerio de Cultura
Texto de Marisa Núñez
Ilustracións de Mariona Cabassa