—Que comerá o rei? —Comerá comerá…
13,50€ – 14,90€
—Que comerá o rei? —Comerá comerá…
Un rei ambicioso e ruín que pasa as horas contando as súas riquezas; un home e unha muller máis pobres que as arañas; unha aldea de labregos enganados polo monarca; e unha pota que vai dun sitio a outro apañando e repartindo entre os máis desfavorecidos o que, en xustiza, lles corresponde. Estes son os ingredientes desta divertida historia tradicional danesa, escrita probablemente coa idea de entreter e consolar a todos os que só dispuñan da fantasía para conxurar o destino.
Formalmente o texto preséntase como homenaxe implícita a Daniel Castelao, gran defensor da xustiza social. Así, a partir da proposta «Que comerá o rei? Comerá comerá…» o elemento fantástico —a pota que trota— mestúrase coa realidade para modificala en beneficio dos máis débiles, nunha lóxica evidente que subverterá a orde das cousas. Enxeño e humor para que os pequenos lectores tiren as súas propias conclusións nunha vella historia que non deixa de estar de actualidade.
O sentido humorístico e sarcástico do relato está perfectamente ensamblado coa especial proposta plástica da ilustradora alemá Kristina Andres, que contribúe cunha serie de divertidos personaxes que van aparecendo ao longo das páxinas e viven accións paralelas ás da historia. Da súa man, descubriremos en cada lectura detalles novos nos que recrear a mirada.
Texto de Patacrúa, a partir dun conto tradicional danés Ilustracións de Kristina Andres