LIBRO + INTERACTIVO
Este libro propón a lectura en papel e, ademais, conta cunha aplicación interactiva que contén diferentes actividades para implementar en diferentes soportes tecnolóxicos (tabletas, teléfonos, ordenadores): escoller a narración do libro en varios idiomas (castelán, francés, inglés). ); facer unha gravación do texto do libro; ver unha película de animación baseada nun libro; actividades para descubrir interactuando cos personaxes do libro; facer un cómic; xoga un pouco; actividades de reforzo da memoria…, son todas propostas que permiten prolongar o tempo de lectura do libro utilizando as novas tecnoloxías. O obxectivo é conseguir unha mellor comprensión do contido (texto e imaxes) do libro e establecer vínculos entre o mundo físico e o mundo dixital.
19,95€
LIBRO + INTERACTIVO
Este libro propón a lectura en soporte papel e, ademais, dispón dunha aplicación interactiva que contén diferentes actividades para implementar en distintos soportes tecnolóxicos (tabletas, teléfonos, computadores): escoitar a narración do libro en varias linguas (español, francés, inglés); facer unha gravación do texto do libro; ver unha película de animación baseada no libro; actividades para debuxar interactuando cos personaxes do libro; facer un cómic; facer unha pequena obra de teatro; actividades de reforzo de memoria…, son todas elas propostas que permiten que o tempo de lectura do libro se prolongue usando as novas tecnoloxías. O obxectivo é acadar unha mellor comprensión do contido (texto e imaxes) do libro e tender vínculos entre o mundo físico e o mundo dixital.
Recensión do libro reducida
A lebre e a hiena conversan, nunha xeira de pesca, sobre asuntos cotiáns. «A mentira é a cousa que máis doe do mundo», di a lebre; e a hiena bota a rir.
A hipótese formulada pola lebre, de que o que máis doe no mundo é unha mentira, quedará demostrada nun relato fantástico e divertido que provocará no lector, ademais dunhas risas, reflexións e unha emotiva resposta.
Durante séculos, os contos foron a primeira escola. Aínda que cada lugar ten o seu estilo particular de achegamento ás historias, é habitual expor meditacións cosmolóxicas e filosóficas sobre a vida, revivir valores esquecidos, tratar de educar, orientar aos individuos e, como neste caso, transmitir ensinanzas.
A hiena, que aquí encarna o carácter hipócrita e vil dalgúns seres humanos, experimentará o sabor amargo da mentira.
As ilustracións de Roger Olmos presentan personaxes expresivos, hiperbólicos, cargados de humor. Con liñas precisas e nítidas, achega a súa visión persoal dunha historia que, a través dun divertido exercicio de escritura, nos achega á palabra, ao pensamento.