Marcela vive coa súa avoa, a castañeira, e mais cunha boneca de trapo gastada polo tempo e os abrazos. No Nadal, a avoa monta o posto diante dunha tenda de xoguetes e alí ve, no escaparate, a boneca de porcelana perfecta para a súa neta. Entre as compras, os agasallos… nestas datas todo son présas. Un día, un home que sae da tenda todo apurado, deixa caer un paquete: dentro hai unha boneca de porcelana. A Marcela gústalle, pero non tanto como a avoa esperaba…

O Nadal converteuse nunha época para o consumo, sobre todo de xoguetes. Posuír e adquirir bens materiais é a chave do benestar para grandes e pequenos. Pero a felicidade consiste en explorar e crear, antes que en ter, e hoxe moitos xoguetes —como a boneca de porcelana— non están concibidos para que nos divirtamos con eles.
O valor dun xoguete está no seu poder para facer voar a imaxinación dos que xogan con el, máis que no seu valor económico.
A capacidade simbólica é libre, así que calquera obxecto pode converterse nun xoguete. Vivimos nunha época en que a publicidade nos acosa por todas as partes, e os nenos piden como agasallo o que sae nos anuncios. Pero o texto de Roberto Aliaga vén a recordarnos que hai que consumir con responsabilidade e non mirar para outro lado ante a pobreza e as inxustizas que existen ao noso redor.
A esencia da obra transmítea con forza e sensibilidade, Maja Celija, que crea, maxistralmente, ambientes e espazos a través da cor e as perspectivas.
Texto de Roberto Aliaga
Ilustracións de Maja Celija
Tradución do castelán de Antón Fortes