Colección O

Fiz, o coleccionista de medos

Fina Casalderrey & Teresa Lima

ISBN 978-84-9871-694-8

14,90

Cantidade:
INFORMACIÓN
  • Paxinas 40 páxs.
  • Encadernación cartoné
  • Medidas 25x23 cm
  • Publicación outubro 2009

Fiz non era como os demais cativos: era o máis medorento do mundo!

 


Descrición

Fiz non era como os demais cativos: era o máis medorento do mundo!

Unha noite vai ao baño e asústase tanto ao verse refectido no espello, que cae na pota de desplumar os pitos.
A avoa, mentres o limpa, dálle unha idea: coleccionar medos. Entón Fiz empeza a gardar nun baúl todas as cousas que lle atemorizan e, deste xeito, consegue que os medos se vaian facendo máis pequenos; e as risas, máis grandes.

A autora, Fina Casalderrey, convídanos a expresarnos e rirnos de nós mesmos, sacar partido a todo o que nos asusta ou nos limita; xogar co medo, aceptalo e desdramatizalo.

A ilustradora, Teresa Lima, mostra a súa complicidade en elegantes e cálidas imaxes que nos achegan ao mundo fantástico da infancia, no que habitan tantos seres imaxinarios.

 

Distinción do xurado do Premio Nacional de Ilustración de Portugal