Colección

A mellor sopa do mundo

Susanna Isern & Mar Ferrero

ISBN 978-84-9871-526-2

14,90

Cantidade:
INFORMACIÓN
  • Paxinas 36 págs.
  • Encadernación cartoné
  • Medidas 25x23 cm
  • Publicación maio 2015

 

Nun lugar escondido do bosque,

unha pequena cabana tiña a luz acendida.


Descrición

 

Nun lugar escondido do bosque,

unha pequena cabana tiña a luz acendida.

Pola cheminea saía fume:

Tartaruga estaba preparando a comida.

 

Sorprendidos por unha tormenta de neve, varios animais refúxianse na casa de Tartaruga que, nese momento, poñía a auga a ferverpara preparar unha sopa.

A medida que van chegando, os hóspedes ofrécenlle: cenorias, froitos vermellos, cebolas, mel e outros moitos ingredientes para que bote na ola.

Mentres, fóra escurece e o frío chega. Dentro da casa, os convidados comparten un bo momento e colaboran na preparación da cea.

Cando proban a sopa, todos cren que é a mellor do mundo e, abraiados, pensan que Tartaruga engadiu algún ingrediente especial que eles descoñecen. Ao final, Tartaruga desvélalles o seu segredo.

 

Despois de ¡Pilú! ¡Pilú!, Oso atrapabolboretas e ¿Ónde estás, caracol?, a autora Susanna Isern catívanos de novo cun conto onde os animais son os protagonistas: “Aínda que agora vivo a carón do mar, son nacida no Pirineo, por iso creo que case sempre as miñas historias transcorren en bosques e están protagonizadas por animais.”

Isern apunta que a historia xurdiu no seu pobo hai un par de invernos: “Eu estaba na casa, coa miña familia, gozando da calor do lume; mentres fóra non paraba de nevar. Sentín que todo o que me arrodeaba era o mellor do mundo. O benestar e sobre todo a compañía fan que valoremos máis as pequenas cousas.”

 

“Como este conto ten moito pelo (dos animais protagonistas) e moita la (da roupa quentiña que levan) pensei que os lapis de cores eran perfectos para debuxalo.” Así resume a ilustradora Mar Ferrero a elección da técnica para as ilustracións deste libro.

Na súa primeira colaboración con OQO editora, Ferrero ofrécenos unha proposta plástica que nos atrapa desde a cuberta.

Os seus tenros personaxes resaltan sobre fondos brancos, sen artificios, e acollen o lector, que entra a formar parte da historia como un comensal máis. Escenas cheas de pequenos detalles convídannos a volver ás imaxes unha e outra vez, co fin de descubrir elementos novos.

 

Para plasmar o calorciño que desprende o conto, a ilustradora concibe unha casa un tanto especial: “… podía facer a típica casiña de madeira ou pedra, mais quería que fose un punto de luz cálida no bosque e á vez chea de vida e natureza, por iso fixen un invernadoiro, que é o espazo máis axeitado para que unha tartarura viva no medio da neve.”

 

Partindo dun encontro fortuito, propiciado polo mal tempo, esta historia amosa que con pouco pódese facer moito, á vez que resalta o valor das pequenas cousas e, sobre todo, da amizade.

 

 

Texto de Susanna Isern

Ilustracións de Mar Ferrero