O oso e corvo

Monika Klose & André da Loba

ISBN: N/A Category

O oso quería voar e o corvo quería ser forte como un oso. Como conseguilo? A solución parecía sinxela: só tiña que trocar as ás polos brazos e… a voar!… ou non?

 

 

INFORMACIÓN

Colección:

Páxinas: 48 págs.

Encadernación: cartoné

Medidas: 25x23 cm

Publicación: octubre 2007

O oso quería voar e o corvo quería ser forte como un oso. Como conseguilo? A solución parecía sinxela: só tiña que trocar as ás polos brazos e… a voar!… ou non?

 

 

A autora alemá, asentada en Barcelona, Monika Klose tráenos unha divertida historia sobre soños, lealdades e acordos incumpridos, cunha mensaxe clara: en cada un de nós hai cousas de valor, só cómpre mirar no noso interior, valorar as nosas capacidades e nunca deixar de soñar, porque quen sabe se un día…

 

O ilustrador portugués André da Loba deseñou unha orixinal proposta visual, na que emprega unha serie de esculturas de cartón. Os escenarios presentan fondos lisos e claros, poboados con personaxes de concepción cubista e gran forza expresiva, e todo en cores primarias.

 

O seu traballo plástico alicérzase nunha investigación anterior durante a que o artista portugués estudou o movemento e o equilibro en figuras tridimensionais realizadas con material de refugallo.

 

PREMIO DE ILUSTRACIÓN 2008 no certame PREMIOS VISUAL DE DESEÑO DE LIBROS

 

 

Texto de Monika klose Ilustracións deAndré da Loba

Últimos produtos