Aviso legal e política de privacidade

1. INFORMACIÓN XERAL.

O sitio web oqo.es é responsabilidade de EditoraOQO,S.L. CIF: B-36494870,  empresa con domicilio social na rúa Alemaña 70. Datos de contacto:

EditoraOQO,S.L.-CIF: B-36494870
C/Alemania, 70.
CP:36162-Pontevedra
Teléfono: 986 109 270
E-mail: oqo@oqo.es

2. DATOS DE INSCRICIÓN.

Esta entidade está inscrita no Rexistro Mercantil de Pontevedra,

tomo 3088, folio 1, hoja PO-37638.

3. USUARIOS.

O acceso ao sitio web de EditoraOQO,S.L. atribúe a condición de usuario ou visitante e implica a aceptación de todas as condicións expresadas no presente Aviso Legal.

4. DEREITO DE USO LIMITADO.

Non se permite a copia, reprodución, publicación, modificación, distribución ou traslado a outros sitios web dos contidos deste portal sen a previa autorización por escrito de EditoraOQO,S.L.

5. CONTIDOS.

A información (textos, imaxes, vídeos, etc.) contida neste sitio web ten propósito só informativo. O acceso do usuario ao mesmo non xera relación comercial, contractual ou profesional entre o usuario e o EditoraOQO,S.L. O EditoraOQO,S.L. resérvase o dereito a modificar ou eliminar todo ou parte do contido do dominio web sen previo aviso.

6. COMUNICACIÓNS.

A máis dos datos persoais, protección que se regula nun apartado posterior, as comunicacións que estableza o visitante deste portal a través dos medios proporcionados para o efecto considéranse non confidenciais e non privadas. As informacións proporcionadas polo visitante poderán ser usadas para calquera fin que non contradiga a lei. Por outra banda, o visitante comprométese a non difundir a través deste portal ningunha información contraria á lei e á honestidade, particularmente información difamatoria, danosa, perigosa para os menores, obscena, falsa, enganosa ou que atente contra os dereitos de privacidade ou propiedade intelectual de terceiras partes. Se o fixese, o visitante será o único responsable e será perseguido pola lei. EditoraOQO,S.L. non poderá ser culpado, nin principal nin subsidiariamente, en relación con iso.

7. LIGAZÓNS A OUTROS SITIOS WEB.

Esta páxina aporta ligazóns a outros sitios web que son propiedade de terceiras partes. EditoraOQO,S.L. non controla eses sitios e, polo tanto, non se fará responsable de ningún dano que poida sufrir o usuario como consecuencia de entrar nesas páxinas a través das ligazóns deste sitio web, incluídos os derivados a situacións ilegais, ilexítimas ou perseguibles que poidan existir nos mesmos.

8. MARCAS REXISTRADAS.

Aínda que non se especifique concretamente en cada caso, as marcas que aparecen nesta páxina, tanto as propias da empresa como as de terceiras partes, teñen carácter de protexidas. Polo tanto, o usuario non poderá facer uso de ningunha delas sen consentimento previo e escrito do seu propietario.

9. PROTECCIÓN DE DATOS.

A efectos do previsto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, e a Lei de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSI-CE), EditoraOQO,S.L. informa o usuario da existencia dun ficheiro automatizado de datos de carácter persoal creado por e para esta empresa e baixo a súa responsabilidade, no que se manterán mentres se consideren útiles para a exclusiva finalidade de xestionar os datos co fin proposto no sitio. EditoraOQO,S.L. tomará todas as medidas que estime oportunas para evitar que os datos persoais do visitante vaian parar a mans alleas á relación que se mantén entre ambos. A información persoal recollida ten como finalidade que EditoraOQO,S.L. ofreza aos seus usuarios o mellor servizo posible, realizar os servizos contratados ou contactar co usuario para cuestións derivadas da propia relación que se estableza entre ambas partes. Por iso, a menos que se reciba notificación escrita en contra, por carta (dirixida ao enderezo: EditoraOQO,S.L., C/Alemania, 70. CP:36162. Pontevedra ou por Email oqo@oqo.es), cos seguintes datos e asinada: nome e apelidos do usuario, enderezo a efectos de notificación, fotocopia do Documento Nacional de Identidade ou Pasaporte, e petición en que se concreta a solicitude (no caso de representación, deberá probarse a mesma mediante documento fidedigno): o visitante autoriza a EditoraOQO,S.L. a usar a súa información persoal para prestar os seus servizos, incluíndo o uso para envío de material informativo e o acceso aos datos imprescindibles dos usuarios a terceiras empresas contratadas para ofrecer algún servizo unido á actividade do centro como os de comedor, actividades extraescolares e semellantes. EditoraOQO,S.L. non venderá nin alugará esa información a terceiras partes. Desta maneira EditoraOQO,S.L., informa o usuario sobre a posibilidade que lle asiste de exercer os dereitos de acceso, rectificación, oposición ou cancelación dos seus datos persoais.

OQO

Un espazo de creación para propostas innovadoras que convidan a gustar, pensar e soñar con voces, imaxes e palabras.