Colección
Esgotado

Palabra de crocodilo

Iván Suárez

ISBN 978-84-934516-8-4

14,90

Este producto está agotado.

INFORMACIÓN
  • Paxinas 48 páxs.
  • Encadernación cartoné
  • Medidas 25x23 cm
  • Publicación setembro 2005

Como o vello crocodilo quería chegar ao río, e Bamako precisaba cruzar á outra beira, ambos decidiron axudarse mutuamente. Pero cando o crocodilo estaba na auga, entráronlle unhas ganas irresistibles de comer o neno. «Non é xusto, fixemos un pacto», laiouse o cativo. Entón, consultaron coa árbore e mais co burro, e os dous animaron o réptil a papar a Bamako e vingar así os abusos dos homes contra os animais.


Descrición

Como o vello crocodilo quería chegar ao río, e Bamako precisaba cruzar á outra beira, ambos decidiron axudarse mutuamente. Pero cando o crocodilo estaba na auga, entráronlle unhas ganas irresistibles de comer o neno. «Non é xusto, fixemos un pacto», laiouse o cativo. Entón, consultaron coa árbore e mais co burro, e os dous animaron o réptil a papar a Bamako e vingar así os abusos dos homes contra os animais. Mais, a lebre, coa súa astucia, dálle a volta á situación e finalmente todo acaba ben.

 

Desde sempre, os seres vivos tiveron unha grande importancia na mitoloxía africana: o crocodilo vixía a harmonía do mundo, moitas veces alterada polo home; o burro representa a humildade e a paciencia; a árbore é o símbolo da vida; e a lebre encarna a intelixencia e a sabedoría. Precisamente, neste conto, grazas á astucia da lebre é que se resolven os conflitos.

 

Das moitas versións que circulan polo mundo, Iván Suárez escolle como base o conto recompilado en Burkina Faso. Mentres noutras variantes, o home paga o favor dos animais con malas accións, aquí Bamako será o verdadeiro heroe desta historia, porque non só non foxe da morte, senón que, a súa conduta representa un exemplo de nobreza e respecto cara aos seres vivos e cara á natureza. Ao cabo, unha historia para lembrar que os humanos tamén se equivocan e que nos convida a implicarnos desde a infancia co planeta.

 

Nas ilustracións, Iván Suárez xoga con encadramentos e perspectivas altamente suxestivas, que recrean unha atmosfera onde se combinan dureza e tenrura.

 

Texto e ilustracións de Iván Suárez, a partir dun conto popular de Burkina Faso