Colección
Esgotado

Verlioka

Patacrúa & Magicomora

ISBN 978-84-934499-9-5

14,90

Este producto está agotado.

INFORMACIÓN
  • Paxinas 48 páxs.
  • Encadernación cartoné
  • Medidas 25x23 cm
  • Publicación setembro 2005

O terrible xigante Verlioka raptoulle as netas ao labrego e quixo esmagar a súa muller. Entón, o avó decidiu ir na súa procura para axustarlle as contas. Polo camiño atopou unha oca sen cola, un can mil razas e un burro rabón; e todos xuntos foron darlle o seu merecido ao xigante.

 


Descrición

O terrible xigante Verlioka raptoulle as netas ao labrego e quixo esmagar a súa muller. Entón, o avó decidiu ir na súa procura para axustarlle as contas. Polo camiño atopou unha oca sen cola, un can mil razas e un burro rabón; e todos xuntos foron darlle o seu merecido ao xigante.

 

A estrutura da historia correspóndese co esquema do conto marabilloso ruso, estudado por Vladimir Propp. Verlioka é un exercicio de estilo, rexido por normas e regras arquetípicas; e en concreto, esta versión literaria toma emprestados, aspectos da tradición oral para crear a trama narrativa.

 

Os animais e os humanos cooperan, xuntos enfróntanse ás adversidades, que superan, e á fin obteñen a vitoria. Noutras versións de Verlioka, as axudas proveñen de elementos que van aparecendo no camiño do avó (corda, muíño de auga, forno, landra…); obxectos máxicos todos, ligados á cultura do pobo ruso. Pola contra, nesta versión, a autora presenta unha estrutura nova que singulariza o relato, na que a colaboración chega dos animais. Estes aparecen humanizados (poden falar, axudar, dar consellos) e convértense nuns compañeiros inseparables que proporcionan tranquilidade, apoio e ata un desabafo para os temores dos máis pequenos.

 

Alén das forzas malévolas do xigante, existe un mundo hospitalario, o do home, que coa axuda dos seus astutos e enxeñosos amigos, triunfará de vez sobre o rabudo xigante.

 

As ilustracións xogan co carácter hiperbólico dos personaxes e inciden na faceta humorística do conto. Cun universo de cores intensas, Sergio Mora idea un ambiente que evoca os libros antigos e as estampas de época, a través do craquelado da imaxe.

 

Texto de Patacrúa, a partir dun conto ruso

Ilustracións de Magicomora