Coas mans na masa

Coas mans na masa

Un quilo de fariña, un puñado de sal, un chorro de pintura e unha historia son os ingredientes necesarios para realizar “Coas mans na masa”.

Utilizando como escusa o proceso de elaboración do pan achegaremos ás nenas e nenos mundos tan atractivos como a cociña, a plástica e a narración oral.

Baseándonos no álbum “María” coñeceremos todos os segredos para preparar un bo pan. Pero nesta ocasión, a masa que prepararemos non será para ir ao forno, servirá para dar forma aos personaxes e crear novas escenas do conto: