Un día, unha osa pequeniña e un oso pequeniño
cruzáronse no camiño, miráronse con agarimo,
e sentiron que os seus corazóns se facían grandes, moi grandes…
14,90€
Un día, unha osa pequeniña e un oso pequeniño
cruzáronse no camiño, miráronse con agarimo,
e sentiron que os seus corazóns se facían grandes, moi grandes…
Armando Quintero (1944-2022), escritor de orixe uruguaia, a ncado en Caracas desde 1978, foi profesor de literatura na Universidade Andrés Bello, narrador oral escénico e, sobre todo, autor adorado a través dos seus contos, por milleiros de cativos e cativas de países diferentes e culturas diferentes. Se toda a súa obra está chea de tenrura e humanidade, esta derradeira que nos deixou é unha xanela aberta ao corazón.
O amor é un sentimento básico, con múltiples formas, que pode actuar como guía e motor de decisións vitais importantes. Recoñecelo a través de contos coma este axuda a comprender e proporciona unha mirada sensible ante todo o que nos rodea.
Esta historia non vai cambiar o mundo, pero ben pode mudar algo en quen a le ou quen a escoita, para facerlle imaxinar, sentir e recoñecerse como un ser humano, a través da “mirada” de dous namorados, o canto e o voo dos paxaros ou o murmurio das follas que se abanean cunha suave brisa.
Un texto coma este non podería ter mellor compaña: as imaxes da ilustradora alemá Laura Von Husen están cheas de poesía e expresividade, a través dunha delicada gama de cores suaves e simbólicas que provocan un forte impacto emocional, e mesmo deixan espazo su ciente para que a interpretación persoal do lector faga o resto.