Colección
Esgotado

O segredo do Rei Curro

Patacrúa & Magicomora

ISBN 978-84-96573-31-4

14,90

Este producto está agotado.

INFORMACIÓN
  • Paxinas 48 páxs.
  • Encadernación cartoné
  • Medidas 25x23 cm
  • Publicación marzo 2006

O rei Curro tiña orellas de burro, e o único que o sabía era o seu barbeiro. Incapaz de gardar silencio, decidiu cavar un burato e ocultar o seu segredo baixo terra. Co tempo, no lugar naceu un canaval, e un día, un comediante que pasaba por alí, cortou unha cana para facer una frauta. Ao tocala, do instrumento saíu, como por arte de maxia, unha melodía que dicía: «O rei Curro ten orellas de burro!» e que chegou a todos os habitantes do lugar…

 


Descrición

O rei Curro tiña orellas de burro, e o único que o sabía era o seu barbeiro. Incapaz de gardar silencio, decidiu cavar un burato e ocultar o seu segredo baixo terra. Co tempo, no lugar naceu un canaval, e un día, un comediante que pasaba por alí, cortou unha cana para facer una frauta. Ao tocala, do instrumento saíu, como por arte de maxia, unha melodía que dicía: «O rei Curro ten orellas de burro!» e que chegou a todos os habitantes do lugar…

 

Inspirado no mito do rei Midas,O segredo do rei Curro xoga de modo humorístico cun personaxe que non acepta a súa eiva: ten orellas de burro. Este defecto físico, alén de ser un motivo de angustia para o rei, tamén representa unha carga para o seu barbeiro, o único depositario do segredo. Mais, ao final, o rei acabará por asumir a súa condición, e libre por fin, da molestia e da carga do segredo, non se volverá sentir desgraciado nunca máis.

 

Son moitos os contos e lendas, en todo o mundo, con base no mito do rei Midas. Nalgunhas destas versións, os reis ocultan as máis delirantes peculiaridades físicas e vicios inconfesables, é o caso dun antigo conto birmano, no que o rei masca herba. Pero todas as variantes teñen en común a incapacidade por parte do barbeiro, do criado, ou do vasalo, de manter o segredo real, e iso, malia a prometeren fidelidade.

 

Por tradición, nas versións do conto en Asia ou no Mediterráneo oriental, o lugar afastado e solitario, elixido para se liberar do segredo é o cemiterio ou o mar. Pola contra, noutros exemplos, o segredo agóchase na terra, na area ou no tronco dunha árbore. En todos os casos, o desenlace precipítase cando se descobre o segredo, ora revelado polo vento, ora por unha frauta de cana ou de bambú, ora por unha arpa, tambor ou violín elaborado co tronco da árbore, a depender da trama da historia. Aarne e Thompson, encadran este relato, de acordo coa súa clasificación dos contos folclóricos europeos, dentro do grupo denominado por eles, de relatos en que «a verdade sae á luz».

 

Xa para concluír, hai que salientar o traballo de Sergio Mora, que incorpora ao conto unhas ilustracións altamente humorísticas e expresivas. Conxuga nelas, o carácter hiperbólico dos personaxes, as cores vivas, os espazos que xogan coas perspectivas e os diferentes planos. En fin, todo no álbum, incita a se recrear na súa lectura, unha e outra vez.

 

Texto de Patacrúa, a partir dun conto baseado no mito do rei Midas

Ilustracións de Magicomora