Colección

O cabaleiro Pepino

Carmen Gil & Anna Castagnoli

ISBN 978-84-96788-13-8

14,00

Cantidade:
INFORMACIÓN
  • Paxinas 64 páxs.
  • Encadernación cartoné
  • Medidas 15x20 cm
  • Publicación febreiro 2007

Pepino pensa que converténdose en valente cabaleiro será digno do amor da princesa Rigoberta. Logo de moitas andainas e aventuras nas que vai sacando de apuros a quen atopa polo camiño, Pepino chega ao castelo cunha pinta estrafalaria e pouco cabaleirosa; non consegue trofeos de guerra, pero a súa bondade e xenerosidade terán felices consecuencias.

 


Descrición

Pepino pensa que converténdose en valente cabaleiro será digno do amor da princesa Rigoberta. Logo de moitas andainas e aventuras nas que vai sacando de apuros a quen atopa polo camiño, Pepino chega ao castelo cunha pinta estrafalaria e pouco cabaleirosa; non consegue trofeos de guerra, pero a súa bondade e xenerosidade terán felices consecuencias.

 

Cunha clara vontade de resaltar a importancia dos verdadeiros valores humanos, Carmen Gil crea un divertido e tenro personaxe, con aptitudes de sobra para gañar o afecto de todos. Unha conduta a súa, que nos recorda moito á daqueles antigos e nobres cabaleiros con ansia de xustiza.

A autora con prosa áxil e sen renunciar ao seu ton lírico habitual, engarza con mestría parágrafos xeniais polos que desfilan divertidos personaxes do mundo da fábula. Mais neste relato, tamén hai momentos que semellan tirados das novelas de cabaleiros, sensibilidade romántica e por último, un xeito de se expresar humorístico e irónico, que ridiculiza con astucia os comportamentos violentos e irracionais ao redor das batallas. Os sucesos están narrados ao estilo da tradición oral, con diálogos frecuentes e unha linguaxe sinxela que lle fará sentir ao lector o valor das pequenas cousas e a importancia da conduta individual, á marxe de ideas ou crenzas convencionais que, a pouco que se reflexione, resultan absurdas.

 

Pola súa banda, Anna Castagnoli presenta unha colaxe integrada na técnica pictórica tradicional, nun traballo moi elaborado, minucioso e innovador. Xoga cos escenarios da historia, e consegue involucrar o lector con poéticas imaxes que inciden sobre os sentimentos. Por último, hai que salientar o afán da ilustradora italiana, por reflectir a distinta personalidade de cada un dos personaxes, que describe con delicados recursos plásticos, ao igual que o ambiente.

 

 

Texto de Carmen Gil

Ilustracións de Anna Castagnoli

Tradución do castelán de Marisa Núñez