A avoa celebra o seu aniversario e, como agradecemento ás netas, que lle axudaron na elaboración do pastel, prepáralles unha sorpresa na adega: pan con mel, a comida favorita do Tragaldabas!.
As netas, unha por unha, baixan polas escaleiras escuras, frías e misteriosas; empurran a porta e…
A avoa celebra o seu aniversario e, como agradecemento ás netas, que lle axudaron na elaboración do pastel, prepáralles unha sorpresa na adega: pan con mel, a comida favorita do Tragaldabas!.
As netas, unha por unha, baixan polas escaleiras escuras, frías e misteriosas; empurran a porta e…
O Papón é un dos zampanenos máis populares no estado español. Hai certos trazos recorrentes que se manteñen nas distintas versións e que nos permiten identificalo: un xigante, cabezón, de aspecto bruto e boas tragadeiras. A diferenza doutros monstros que actúan sen avisar, O Papón advirte das súas intencións e da súa voracidade natural. Aqueles que aínda así, ousan achegarse aos lugares que frecuenta, pápaos A identidade do insólito heroe que resolve a situación repítese, en todas as versións. Trátase da formiguiña, presente tamén noutros contos tradicionais de estrutura narrativa similar.
A versión de Pablo Albo axústase en boa medida á tradicional, porén, trata o asunto cunha maior dose de humor e decántase por un desenlace amable e divertido que axuda tamén a xestionar o medo.
Pablo Albo opta por unha transformación simbólica do xigante, que acaba por se integrar no mundo que representa o heroe. Deste xeito o ben triunfa sobre o mal, grazas á intervención amigable e solidaria de simpáticos personaxes.
A imaxinación xunto coa necesidade de previr actos temerarios provocou a aparición, no marco da cultura popular, de personaxes mete-medos, que se transmitiron oralmente a través dos séculos, constituíndo un valioso complemento para o desenvolvemento infantil. Con eles os nenos poden entender conceptos abstractos dun xeito doado, xa que, os problemas e angustias existenciais preséntanse a través de personaxes populares. Alén diso, os asustadores da infancia conforman un mundo mitolóxico con compoñentes análogos ao mundo mitolóxico dos adultos.
O ilustrador Maurizio A. C. Quarello emprega as sombras dun xeito maxistral, en composicións arriscadas, e unha vez máis, deixa constancia das súas influencias cinematográficas á hora de compoñer os planos.