MAINE e LOIRE

MAINE e LOIRE

22/06/2010

MAINE e LOIRE (FRANCIA). ‘E que podo facer eu?’, seleccionado na listaxe de primaria para o Premio Literario da Cidadanía

A obra E que podo facer eu? de José Campanari e de Jesús Cisneros, editada por OQO editora foi seleccionada na listaxe de primaria para o Premio Literario da Cidadanía.

Este galardón é un proxecto que se leva a cabo cada ano escolar en asociación coa Inspección Académica e a Federación de Obras Laicas de Maine e Loire en colaboración coas librerías e as bibliotecas. Baséase en cinco seleccións que van desde primaria ata secundaria.