Mostra Internazionale per l’infanzia-Sàrmede 2011, Le Immagini della Fantasia

Mostra Internazionale per l’infanzia-Sàrmede 2011, Le Immagini della Fantasia

27/10/2011

As ilustracións dos álbums de OQO: ‘A Lúa ladroa’, ‘O corazón do xastre’ e ‘A illa dos cangrexos violinistas’, seleccionadas para formar parte da Mostra Internazionale per l’infanzia-Sàrmede 2011, Le Immagini della Fantasia

Jesús Cisneros con imaxes de A illa dos cangrexos violinistas, Cecilia Varela con O corazón do xastre e Pierre Pratt con A Lúa ladroa, forman parte dos 36 artistas que conforman a edición de 2011 da Mostra Internazionale per l’infanzia-Sàrmede, Le Immagini della Fantasia.

As obras estarán expostas ata o 15 de xaneiro de 2012 no Palazzo Municipale de Sàrmede.

O obxectivo é presentar as novas tendencias e as edicións máis orixinais na ilustración contemporánea en publicacións para nenos, nunha viaxe fantástica a través de fábulas, lendas e contos de distintos países.

Con este fin, ademais de en Sàrmede, desde 1991 a mostra percorre Venecia, Madrid, Aix-en-Provence, Xénova, o Centro Pompidou de París, Liubliana, Lisboa, Sevilla, Salzburgo, Viena, Istambul, Nápoles, Monza, Stuttgart, Siena, Verona, Florencia, Roma e Munich.

Na edicion de 2010 tamén foran escollidas as obras plásticas dos álbums de OQO: O cazador e a balea do ilustrador Iban Barrenetxea; Cando non atopas a túa casa de Joanna Concejo; Sopa de nada de Rashin Kheiriyeh; Os mil brancos dos esquimós de Madalena Matoso; Croco de Minako Chiba; O último canto de Miguel A. Díez; A grande viaxe de Gabriel Pacheco e Os sete cabritos e Fiz, o coleccionista de medos de Teresa Lima.