Distinción do xurado do Premio Nacional de Ilustración de Portugal

Distinción do xurado do Premio Nacional de Ilustración de Portugal

27/04/2011

A edición en portugués de “Félix, o coleccionador de medos”, distinción do xurado do Premio Nacional de Ilustración de Portugal

A edición en portugués de Félix, o coleccionador de medos acaba de recibir unha distinción do xurado do Premio Nacional de Ilustración de Portugal, o certame máis importante do país neste eido artístico.

Neste álbum, a artista lusa resolve a parte visual coa súa coñecida e xa recoñecida, despois dos múltiples e importantes premios recibidos, liña plástica, baseada nunha técnica mixta na que mestura os pasteis, os lapis de cores e a colaxe dalgúns elementos.

Un traballo no que predominan as imaxes creadas a partir dunha suave paleta cromática que xoga constantemente cunha persoal luminosidade. Unhas imaxes, coas que a ilustradora nos introduce neste fascinante mundo creado pola autora galega Fina Casalderrey.

Teresa Lima xa recibira esta distinción na edición do pasado ano do Premio Nacional de Ilustración de Portugal con outro libro de OQO editora, Os sete cabritinhos.