Colección QSon
Colección QSon
Colección QSon
Agora mesmo este producto está agotado.

A nena e o grilo

Magín Blanco & Iván Prieto

ISBN 978-84-9871-259-9

20,50

Este producto está agotado.

Estas cancións aloumiñan os oídos, pero tamén contan historias. Falan dun país onde as

portas sempre están abertas e ninguén se sente estranxeiro. Alí viven unha nena azul e

mais un grilo que, para escapar do aburrimento, inventan mil pasatempos.


Descripción

A nena e o grilo é o novo libro-CD que agora ve a luz dentro da colección máis musical de OQO editora,

Q son. Un mosaico de textos, cancións e debuxos conforman este volume no que o coñecido compositor

Magín Blanco se encarga de encaixar todas as pezas.

Mais o músico ourensán non está só, nesta aventura acompáñano as carismáticas e persoalísimas voces

de Uxía Senlle, Fred Martins, Guadi Galego, Ugía Pedreira… e ata un coro de nenos. Eles poñen a música,

e Iván Prieto, as imaxes.

O ilustrador galego utiliza unha multitude de recortes con diferentes tonalidades e texturas para as imaxes.

A aposta de Prieto pola colaxe débese a que é a técnica que mellor lle acae a esta historia híbrida

e heteroxénea. Ademais, decántase por unha estética actual, e sitúa as aventuras dos protagonistas no

marco da cidade, onde explota elementos urbanos como a publicidade, ou os carteis.

A linguaxe, alén de ser un dos eixos temáticos de  A nena e o grilo, goza dun protagonismo especial dentro

das páxinas. Unhas veces, Iván Prieto resalta as palabras mediante a tipografía e outras, nun intento por

integrar o texto nas ilustracións aproveita certos espazos das imaxes como contedores textuais: unha pinga

de auga, o ubre dunha vaca, o tronco dunha árbore…

A nena e o grilo é o resultado do labor conxunto de moitas persoas que cren que calquera traballo para

os nenos e nenas debe ser tratado con esmero e coidado tanto no apartado das imaxes, coma no musical,

os arranxos na produción e na interpretación.

Esta atención máxima resulta imprescindible para un proxecto que está pensado para conectar a escola coa

vida e adoptar unha actitude crítica e construtiva a prol de valores básicos ―respecto pola

natureza,liberdade, solidariedade, afecto, convivencia, identidade, amizade…― . Para iso, precísase un

sistema de valores compartidos e de materiais que se poidan integrar dentro dos procesos de aprendizaxe.

Dun xeito sinxelo, delicado e sutil, a historia de amizade entre a nena e o grilo descobre dimensións

determinantes da existencia e abre horizontes positivos e ilusionados, na construción de nos mesmos

e a sociedade.

Estamos ante unha obra ambiciosa e cosmopolita que invita a ter fe na vida e nos outros a través dunhas

cancións que reparten aloumiños a eito e amosan un mundo inconformista nas letras e unha concepción

musical orixinal e esixente para nenos e nenas de todas as idades.

Ao mesmo tempo, é un material, para todos os que traballan e apostan por un ensino aberto, innovador

e significativo, no marco dos problemas e os cambios sociais que teñen lugar na realidade.

En conclusión, un  chisquiño de mel neste mundo egoísta e feroz que habitamos. Para fuxir do frío e sentirse

moradores no verdadeiro  País das Apertas porque as cancións de Magín Blanco son, tanto pola melodía

como pola letra, para degustar en familia, nas festas, entre amigos.