Chocolata

Marisa Núñez & Helga Bansch

ISBN: N/A Category

Chocolata toma o seu baño diario na lagoa. Un día escoita que na cidade hai unha casa de baños, e sae de viaxe coa intención de probala.

 

INFORMACIÓN

Colección:

Páxinas: 36 págs.

Encadernación: cartoné

Medidas: 25x23 cm

Publicación: Noviembre 2017 - 3ª edición

Chocolata toma o seu baño diario na lagoa. Un día escoita que na cidade hai unha casa de baños, e sae de viaxe coa intención de probala.

 

Ao chegar á capital, Chocolata fai unha rápida incursión polos hábitos urbanos máis tópicos, actuais e recoñecibles para a mirada infantil, e experimenta outro estilo de vida.

 

Neste relato, Marisa Núñez fálanos das ilusións, dos desexos, da amizade e da importancia de vivir e valorar o que temos ao noso redor.

 

A ilustración, con inspiración africana, é alegre e colorista; expresa con mestría diferentes perfís humanos, encarnados nos animais da selva, e reflicte o humor e optimismo da narración.

 

Alén diso, Helga Bansch enriquece o relato con personaxes da súa creación, que conduce habilmente ao longo das páxinas, dándolle así un sentido máis profundo á viaxe de Chocolata, e que o lector deberá deducir da interpretación das imaxes. Un relato sobre as ilusións, os desexos, a amizade, a importancia da experiencia e o valor daquilo que temos preto.

 

Texto de Marisa Núñez Ilustracións de Helga Bansch

 

PREMIO INTERNACIONAL LITERATURA INFANTIL 2007 da FUNDACIÓN ESPACE ENFANTS

Últimos produtos