ContoQoalingua
Máis de 600 escolares de Primaria da Coruña, Ferrol, Culleredo e Arteixo gozarán desde mañá e ata o 15 de abril de obradoiros de creación artística, pensados como lugar de encontro de historias, onde distintas sensibilidades musicais, plásticas e literarias lles proporán novas formas de mirar e de mirarse e en galego.
Este é o obxectivo da campaña de dinamización Lingüística CONTOQOALINGUA da Unidade Técnica de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, en colaboración con OQO editora.