Mostra Internazionale per l’infanzia- Sàrmede

Mostra Internazionale per l’infanzia- Sàrmede

10/11/2010

Ilustracións de nove libros de OQO editora, na Mostra Internazionale per l’infanzia- Sàrmede (Italia) 2010

Ilustracións de nove libros de OQO editora foron seleccionadas para formar parte da Mostra Internazionale per l’infanzia-Sàrmede 2010. Le Immagini della Fantasia.

Forman parte das 300 obras orixinais de 38 artistas de 20 países, as imaxes dos álbums de OQO: O cazador e a balea (Iban Barrenetxea), Cando non atopas a túa casa (Joanna Concejo), Sopa de nada (Rashin Kheiriyeh ), Os mil brancos dos esquimós (Madalena Matoso), xunto a Croco (Minako Chiba), O último canto (Miguel A. Díez), A grande viaxe (Gabriel Pacheco), Os sete cabritos e Fiz, o coleccionista de medos (Teresa Lima). Estes últimos editados en italiano con Logos.

A mostra estará ata o 19 de decembro deste ano no Palazzo Municipale de Sàrmede. O obxectivo é presentar as novas tendencias e as edicións máis orixinais na ilustración contemporánea en publicacións para nenos nunha viaxe fantástica a través de fábulas, lendas e contos de distintos países.

Con este fin, ademais de en Sàrmede, desde 1991 a exposición percorre Venecia, Madrid, Aix-en-Provence, Xénova, o Centro Pompidou de París, Liubliana, Lisboa, Sevilla, Salzburgo, Viena, Istambul, Nápoles, Monza , Stuttgart, Siena, Verona, Florencia, Roma e Munich.