‘Buscando o Norte’ na ARXENTINA!

‘Buscando o Norte’ na ARXENTINA!

31/07/2010

O álbum ilustrado de OQO editora Buscando o Norte será o protagonista de varias actividades de animación á lectura que Paula Carbonell realizará na Arxentina en xullo e agosto.

En Buscando o Norte, Cecilia Afonso crea fermosas ilustracións mediante a técnica da colaxe, e emprega papeis e fíos que combina con lapis e témpera. Por medio de figuras sinxelas e limpas, a ilustradora arxentina desprega unha particular linguaxe simbólica, abstracta por veces, e cunha gran carga poética. O lector ten que procurar e atopará, porque as sorpresas se agochan en calquera lugar. As numerosas chiscadelas, pistas, chamadas de atención… que se achan na súa proposta, ademais de acompañar o texto de Paula Carbonell, constitúen unha historia dentro da historia que nos convida a buscar cos protagonistas a lúa nova.

Función con Kamishibai Buscando o Norte
Sábado 31 de xullo de 2010
SESIÓNS: 16.00 h e 17.30 h
LUGAR: Museo Arxentino do Monicreque

Domingo 1 de agosto de 2010
SESIÓN: 16.00 h
LUGAR: Museo Arxentino do Monicreque

Domingo 1 de agosto de 2010
SESIÓN: 18.00 h
LUGAR: Cultural Abasto
(Contada para adultos)

15º Foro Internacional polo Fomento do Libro e a Lectura
LUGAR: Resistencia, Chaco
DATAS: 19 e 20 de agosto de 2010