Colección O
Esgotado

Quen pode vencer o vento?

Charo Pita & Marion Arbona

ISBN 978-84-9871-506-4

14,90

Este producto está agotado.

INFORMACIÓN
  • Paxinas 48 páxs.
  • Encadernación cartoné
  • Medidas 25x23
  • Publicación novembro 2014

Hai moito tempo,
os seres humanos vivían en poboados e cultivaban a terra.
Os animais salvaxes tamén participaban nos traballos do campo:
o león, a hiena, o elefante, a lebre,
a gacela, o mono, a tartaruga,
mesmo a curuxa, que era a máis vella de todos.
Un ano houbo una seca enorme.
A calor e o po invadían todo.
No ceo non había nubes e a colleita estaba a piques de estragarse.

 


Descrición

Hai moito tempo,
os seres humanos vivían en poboados e cultivaban a terra.
Os animais salvaxes tamén participaban nos traballos do campo:
o león, a hiena, o elefante, a lebre,
a gacela, o mono, a tartaruga,
mesmo a curuxa, que era a máis vella de todos.
Un ano houbo una seca enorme.
A calor e o po invadían todo.
No ceo non había nubes e a colleita estaba a piques de estragarse.

 

Co fin de evitar a desgraza que se aveciñaba nos seus campos, os habitantes do lugar invocaban o vento para que trouxese a choiva, pero o vento non respondía. Unha noite, a curuxa convocou a todos os animais e decidiron ir na súa busca. O primeiro en ir foi o león, pero non o conseguiu. Tampouco a hiena nin a lebre. Desmoralizados, non sabían a quen enviar. A tartaruga, o animal máis lento da chaira, ofreceuse e finalmente conseguiu, con paciencia e teimosía, traer ao vento que, á súa vez, trouxo a choiva. Así, ese ano tiveron unha boa colleita.

 

Charo Pita, na súa última colaboración con OQO editora logo de A rúa da Tixola, constrúe un relato que nos fai lembrar os contos tradicionais onde os personaxes, sexan animais ou persoas, a través das experiencias narradas, transmiten diversas ensinanzas. Co personaxe da tartaruga, vemos que a humildade, a vontade e a constancia son máis eficaces que a forza e a velocidade.

 

A autora resalta tamén a importancia do recoñecemento. En agradecemento á tartaruga, as mulleres do poboado fabricaron cántaros coa forma da súa cuncha, que serven para facer música. Nas festas, deixan o vento pasar neles para contar de novo a fazaña da tartaruga.

 

A ilustradora canadense Marion Arbona, entusiasmada polo feito de poder debuxar animais como protagonistas, ofrécenos unha proposta plástica a base de gouache, lapis e uns toques de tinta chinesa, na que a cor cobra grande importancia. Así, os vermellos vivos (sobre todo o vermello cadmio que aporta moita luminosidade) contrastan cos verdes para plasmar a seca e a vexetación, respectivamente.
Debuxar o vento foi todo un reto para Arbona, que admite gozar coa procura do personaxe para compoñer unha criatura que non é humana nin animal: “Agora, cando o miro, decátome de que estiven bastante influenciada polas criaturas de Miyazaki”.

 

Quen pode vencer o vento? é un relato que atesoura os coñecementos ancestrais e convídanos revivir valores, se non esquecidos, talvez deixados de lado na actualidade.

 

 

Texto de Charo Pita

Ilustracións de Marion Arbona