OQO presenta na FIL de Guadalajara (México)

OQO presenta na FIL de Guadalajara (México)

4/12/2013

O programa de fomento da lectura e educación audiovisual CONTOS EN MOVEMENTO

A Feira Internacional do Libro de Guadalajara (México) acollerá mañá xoves, 5 de decembro, a presentación do programa de fomento da lectura e alfabetización audiovisual CONTOS EN MOVEMENTO.

CONTOS EN MOVEMENTO ten a súa orixe no exitoso programa-concurso Nós tamén creamos!, posto en marcha en Galicia por OQO, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG).

A presentación correrá a cargo de Cristina Rubal (subdirectora xeral de Bibliotecas-Secretaría Xeral de Cultura da Xunta); Ramón Cifuentes (membro de Colofón, editora que colabora con OQO en México); Paula Astorga (CIRCO 2.12) e Marcos López (OQO editoraOQO filmes)

O acto está dirixido, principalmente, a representantes institucionais, vinculados co ámbito do ensino en México, interesados en executar este programa en escolas ou entidades ligadas á comunidade educativa deste país.

Nunha primeira intervención conxunta de Cristina Rubal e Marcos López explicarase a orixe de CONTOS EN MOVEMENTO: resultado da externalización do orixinal programa-concurso Nos tamén creamos! Poderase ver algúns dos traballos realizados polos participantes, así como algúns making of do proceso creativo.

A segunda parte da presentación, centrarase na explicación en detalle da ejecución de CONTOS EN MOVEMENTO en México. Xa que logo, correrá a cargo dos responsables de Colofón e CIRCO 2.12. Se incidirá no novedoso deste programa educativo multidisciplinar, que fomenta a lectura e a alfabetización audiovisual entre os máis pequenos.

CONTOS EN MOVEMENTO

Este programa multidisciplinar combina o fomento da lectura, a alfabetización audiovisual e a utilización das novas tecnoloxías: co obxectivo de que nenos e nenas pasen de ser simples lectores e espectadores a converterse en creadores de contido audiovisual, en concreto, de curtametraxes de animación en stop-motion, a partir dun álbum ilustrado, polo relevante papel comunicador da imaxe nestes libros.
No momento mediático actual é necesario que o libro sexa protagonista en novos formatos (neste caso, o audiovisual) dotándoos do valor dunha boa historia e de universos plásticos distintos e innovadores.

A Animación é, sen dúbida, a linguaxe audiovisual preferido polos máis pequenos, apreciado e querido en calquera tramo de idade e en todas as partes do mundo. Débese aproveitar o gran atractivo que o cine e os medios audiovisuais teñen para a infancia (imaxe en movemento, son, posibilidade de interacción coa historia, tomar decisións, traballar nas súas propias creacións…) para espertar a curiosidade por penetrarse nestes códigos. Os contidos audiovisuais creados a partir dun álbum poden e deben servir de apoio no desenvolvemento do neno e supoñen unha valiosa ferramenta educativa nas aulas.

Ao aglutinar libro, lectura, imaxe, audiovisual e novas tecnoloxías, CONTOS EN MOVEMENTO convértese nun innovador, completo e ambicioso programa educativo.

 

ORIXE

Nós tamén creamos! é o programa-concurso do que nace CONTOS EN MOVEMENTO. A través desta campaña que se leva a cabo en Galicia desde fai tres anos, centos de alumnos (de entre 4 e 11 anos de idade) de Galicia convertéronse en directores, guionistas, storyboarders, músicos e montadores para crear unha curtametraxe de animación, baseándose na historia e proposta plástica dun álbum ilustrado de OQO e co incentivo de participar nun concurso.

Precisamente, os mellores traballos (ganadores do concurso) son emitidos dentro da programación infantil da televisión pública galega e todos son colgados na sección INFANTIL da web da CRTVG: http://www.crtvg.é/infantil/nos-tamen-creamos

A excelente acollida e óptimos resultados deste programa entre a comunidade educativa de Galicia propiciaron a súa inclusión, a partir deste curso escolar, no currículo oficial do Departamento de Educación da Comunidade Autónoma de Galicia (Plan Proxecta).