OQO Plataforma

                icona_actividades

Espazo privado desde o que se accede a todos os contidos dixitais de OQO: álbumes ilustrados dixitais, películas de animación, interactivos, música, unidades didácticas e atividades.

Todos os contidos son especialmente apropiados para o desenvolvemento lector, educativo e lúdico de nenos entre 1 e 10 anos.

Para acceder á Plataforma de OQO é necesario rexistrarse para garantir a seguridade no acceso.

Antes de entrar na Plataforma é recomendable descargar o VISOR DE OQO. Esta aplicación será necesaria para ver os contidos. É gratuíta e, unha vez instalada, xa non será necesario volver facelo cada vez que se acceda á Plataforma.

logo_llave

Descargar visor OQO.

   

Vídeo demostrativo

Desde a Plataforma OQO dixital, o usuario pode subscribirse para gozar de todos os contidos ou comprar calquera contido en particular de forma sinxela e rápida sen necesidade de ir a diferentes sitios.

Acceder aos contidos: unha vez que se entra na Plataforma, para acceder aos contidos hai dúas opcións:

  • Por suscripción: se recibe unha CLAVE ÚNICA coa que se ten acceso libre a todos os contidos, sen limitacións.
  • Por compra individual: e, ao facelo, recibirase unha CLAVE no correo de rexistro que será necesario introducir ao abrir o contido seleccionado. Só se terá acceso a ese contido. Sen limitacións de uso. Cada tipo de contido terá unha clave diferente.

Cambio de tablet. En caso de averia, cambio de Tablet ou de teléfono móbil, non se perde a propiedade da CLAVE. Soamente teremos que eliminar a aplicación.