{"id":71413,"date":"2017-12-01T16:40:21","date_gmt":"2024-12-09T00:56:59","guid":{"rendered":"https:\/\/oqo.es\/product\/maruxa\/"},"modified":"2025-11-22T20:39:46","modified_gmt":"2025-11-22T19:39:46","slug":"maruxa","status":"publish","type":"product","link":"https:\/\/oqo.es\/gl\/produto\/maruxa\/","title":{"rendered":"Maruxa"},"content":{"rendered":"<p><em><strong>Maruxa e Pepi\u00f1o viv\u00edan na aldea. Maruxa cos\u00eda, varr\u00eda e labraba. Pepi\u00f1o cantaba, folgaba e durm\u00eda. Mais un d\u00eda&#8230; <\/strong><\/em><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Maruxa decide dar unha lecci\u00f3n ao seu marido. Astuta, e cunha gran habilidade no manexo da retranca, lograr\u00e1 que Pepi\u00f1o tome consciencia de que o traballo da casa est\u00e1 mal repartido e consegue que cambie de actitude.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Este \u00e1lbum est\u00e1 baseado na canci\u00f3n popular polaca Maryna gotuj pierogi, unha das m\u00e1is co\u00f1ecidas do repertorio folcl\u00f3rico do pa\u00eds. Fix\u00e9ronse diversas versi\u00f3ns, desde orquestras sinf\u00f3nicas, a solistas, grupos de jazz, rock&#8230; Este texto, en versos de seis s\u00edlabas, busca manter o ritmo da canci\u00f3n orixinal. Do mesmo modo que a canci\u00f3n tradicional, a autora presenta a historia en forma de dialogo, xa que o relato se basea, principalmente, na rifa que inician Maruxa e o seu home, Pepi\u00f1o, cando este lle pide que faga o pan.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Na versi\u00f3n tradicional, Benito reclama uns pierogi, un dos pratos t\u00edpicos de Polonia (unha especie de raviolis recheos de carne, verduras&#8230;) e a s\u00faa muller n\u00e9gase repetidamente, argumentando que lle faltan, un por un, todos os ingredientes: fari\u00f1a, auga, sal e carne&#8230;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Con todo, nesta versi\u00f3n optouse por cambiar os pierogi por pan, un alimento com\u00fan a todas as culturas e que permite universalizar a historia.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>As diferenzas coa canci\u00f3n non s\u00f3 se limitan ao alimento principal, sen\u00f3n tam\u00e9n ao final da historia. As\u00ed, a reacci\u00f3n violenta que manifesta Pepi\u00f1o nalgunha versi\u00f3n polaca cando a s\u00faa muller decide non prepararlle finalmente a comida \u00e9 substitu\u00edda no \u00e1lbum por unha actitude comprensiva e de empat\u00eda cara \u00e1 muller, mantendo as\u00ed o ton humor\u00edstico que caracteriza todo o relato.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Da versi\u00f3n inicial, a autora decidiu manter e realzar: a idea orixinal, o sentido do humor e a estrutura acumulativa, versificada e rimada, tan propia de contos e cantos da tradici\u00f3n oral. Este texto permite tam\u00e9n ser cantado a ritmo de tres por catro mantendo a m\u00fasica de orixe.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>De igual modo, o \u00e1lbum ilustrado ofrece a mesma an\u00e9cdota argumental que a canci\u00f3n: a protagonista di que non poder facer o pan porque lle faltan todos os ingredientes (farina, auga, levadura e sal). Ent\u00f3n, decide pedirlle ao seu home que os vaia buscar, s\u00f3 que, a modo de escarmento aleccionador, vaillos pedindo un a un, co esforzo engadido que isto lle sup\u00f3n a Pepi\u00f1o.<br \/>\nEl vai facendo, un a un todos os recados cada vez m\u00e1is desmesurados como o de ir buscar sal ao mar, pero sempre se atopa con que volve faltar algo e ten que emprender unha nova e esforzada aventura para conseguilo. Cando por fin Maruxa ten todos os elementos, di, ironicamente, que est\u00e1 moi cansa e ser\u00e1 a el a quen lle toque, tam\u00e9n, amasar o pan. Deste xeito, a trav\u00e9s do enxe\u00f1o e do sentido do humor, consegue que Pepi\u00f1o entenda, por experiencia propia, o inxusto da situaci\u00f3n que viviran ata ese momento, e comprende que, tanto o traballo como o lecer, deben ser cousa de dous.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Este \u00e9 o verdadeiro transfondo da historia: o cambio de actitude de Pepi\u00f1o respecto de Maruxa, que se evidencia e reforza a trav\u00e9s do traballo da ilustradora portuguesa <strong>Mafalda Milh\u00f5es<\/strong>.<\/p>\n<p>A artista portuguesa revela esta evoluci\u00f3n do personaxe nas gardas, cuberta, portadi\u00f1a e p\u00e1xina de cr\u00e9ditos. Nelas, o lector atopa unha contextualizaci\u00f3n previa e posterior \u00e1 acci\u00f3n do texto, que realmente se produce nun s\u00f3 d\u00eda, tal e como indican as comidas (almorzo, xantar, merenda e cea) e a luz das imaxes (que van desde a claridade propia do amencer, ata o azul escuro case negro do ceo cara o fin do d\u00eda).<\/p>\n<p>Deste xeito, nas gardas do inicio do \u00e1lbum, p\u00f3dese ver a unha Maruxa totalmente entregada \u00e1s tarefas do fogar, mentres que Pepi\u00f1o, ocioso, non colabora en absoluto. Un comportamento que se transforma radicalmente nas gardas do final onde participa nos labores de casa e axuda a s\u00faa muller. Na contracuberta, os dous comen felizmente o pan, que aparece por primeira vez xa coci\u00f1ado.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>As ilustraci\u00f3ns de <strong>Mafalda Milh\u00f5es<\/strong> tam\u00e9n aportan informaci\u00f3n crave dos protagonistas. Ao caracterizalos con trazos hiperb\u00f3licos, descubrimos con claridade cando est\u00e1n anoxados, tristes, tramando&#8230; De igual modo, non faltan nas p\u00e1xinas deste \u00e1lbum os detalles, tan caracter\u00edsticos na artista lusa, que transportan o lector ao universo da coci\u00f1a e a tam\u00e9n a Polonia (mu\u00ed\u00f1os, paisaxes e barrios t\u00edpicos do pa\u00eds polaco). As\u00ed como a presenza constante do canci\u00f1o que os acompa\u00f1a todo o conto e que acaba sendo, dalg\u00fan modo, c\u00f3mplice da situaci\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Ademais, a ilustradora, buscando a complicidade do lector, decide xogar coa descontextualizaci\u00f3n, tanto nos moitos obxectos e electrodom\u00e9sticos que podemos descubrir na casa do matrimonio (reconstruci\u00f3n dun fogar tradicional, pero no que hai lavadora, ordenador&#8230;) como na propia protagonista. As\u00ed, Maruxa, a\u00ednda que coci\u00f1a e limpa, non deixa de ser unha muller actual e moderna, que usa as novas tecnolox\u00edas e loita polo reco\u00f1ecemento dos seus dereitos.<br \/>\nEn todo momento, tanto o texto como a imaxe buscan comunicar unha mensaxe onde o sentido do humor \u00e9 o protagonista, \u00e1 vez que pretenden deixar un pouso para a reflexi\u00f3n dos pequenos lectores: saber po\u00f1ernos na pel do outro ax\u00fadanos a ver as cousas desde outra perspectiva, empatizar cos demais e, consecuentemente, ser m\u00e1is xustos e m\u00e1is solidarios.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Premio Cookbokk Gpurmand Award 2014 na categor\u00eda &#8220;Best Illustrations CookBook&#8221;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Texto de Eva Mejuto a partir da canci\u00f3n tradicional polaca<br \/>\nIlustraci\u00f3ns de Mafalda Milh\u00f5es<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Maruxa e Pepi\u00f1o viv\u00edan na aldea. Maruxa cos\u00eda, varr\u00eda e labraba. Pepi\u00f1o cantaba, folgaba e durm\u00eda. Mais un d\u00eda&#8230;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Maruxa decide dar unha lecci\u00f3n ao seu marido. Astuta, e cunha gran habilidade no manexo da retranca, lograr\u00e1 que Pepi\u00f1o tome consciencia de que o traballo da casa est\u00e1 mal repartido e consegue que cambie de actitude.<\/p>\n","protected":false},"featured_media":60394,"template":"","meta":{"_acf_changed":false,"_seopress_robots_primary_cat":"none","_seopress_titles_title":"","_seopress_titles_desc":"","_seopress_robots_index":""},"product_brand":[],"product_cat":[46],"product_tag":[],"class_list":{"0":"post-71413","1":"product","2":"type-product","3":"status-publish","4":"has-post-thumbnail","6":"product_cat-coleccion-o-gl","7":"pa_idioma-espanol-gl","8":"pa_idioma-gallego-gl","9":"pa_idioma-portugues-gl","11":"first","12":"instock","13":"shipping-taxable","14":"purchasable","15":"product-type-variable"},"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product\/71413","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product"}],"about":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/product"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product\/71413\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":72440,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product\/71413\/revisions\/72440"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/60394"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=71413"}],"wp:term":[{"taxonomy":"product_brand","embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product_brand?post=71413"},{"taxonomy":"product_cat","embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product_cat?post=71413"},{"taxonomy":"product_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product_tag?post=71413"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}